martes, 18 de septiembre de 2012

O CONCELLO DO GROVE PROGRAMA 3 TALLERES PARA MELLORAR ÁS TÉCNICAS NA BUSQUEDA DE EMPREGO.


• A formación é un pilar importante á hora de mellorar a empregabilidade das persoas en paro, así como unha forma de actualización constante e reciclaxe que permite estar sempre ao día en canto a novidades neste terreo.

O Grove, 18/09/2012.- O Concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Concello do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa que dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais (e a través da Axencia de Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral), estanse a programar a celebración de tres talleres relacionados coa temática da busqueda de emprego.

Para atopar emprego é importantísimo buscar a diferenciación nos perfís de características e no xeito de levar a cabo a busca de emprego, xa que esa diferenciación, é a que leva a acadar o obxectivo de ATOPAR EMPREGO.

Os talleres programados son:

BUSCA EMPREGO NA REDE! constará de 15 horas de duración e celebrarase entre o 24 e o 28 de setembro.
O obxectivo é que aquelas persoas desempregadas que descoñecen Internet e todas as súas utilidades se acheguen a esta ferramenta tan empregada na procura de emprego.

Os contidos a tratar serán:
  • Coñece Internet.
  • O correo web, ¿cómo crear a túa propia conta de correo?.
  • Búsqueda de emprego en Internet.
  • Análise dunha oferta de emprego.
  • As redes sociais 2.0
EMPREGA EN FEMININO constará de 12 horas de duración e celebrarase os mércores do mes de outubro.
O obxectivo é que as mulleres do Concello do Grove desenvolvan habilidades sociais para mellorar as súas relacións laborais e persoais.

Os contidos a tratar serán:
  • ¿Qué son as habilidades sociais?
  • Autocoñecemento.
  • Comunicación verbal e non verbal.
  • Aprendo a ser asertiva.
  • Resolución de conflitos.
TEÑO UNHA IDEA! constará de 12 horas de duración e celebrarase os mércores do mes de novembro.
 O obxectivo é que todas as persoas desempregadas do Concello do Grove con espíritu emprendedor, que teñan un proxecto en mente, e non saiban cómo poñelo en marcha, acudan a este taller para tomar nota dos pasos que se deben seguir para a posta en marcha da súa idea empresarial. Ademáis de coñecer das axudas autonómicas e estatais que teñen á súa disposición para facilitarlle o desembolso económico que conleva a posta en marcha dun proxecto.

 Os contidos a tratar serán:
  • O/ a emprendedor/a e a idea.
  • Facer un Plan de Empresa.
  • Axudas e subvencións autonómicas.
  • Axudas e subvencións estatais.
  • Entidades de apoio ao emprendedor/a.
 Así mismo, o Alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha desta iniciativa xa que “é moi importante desenvolver ferramentas que axuden aos desempregados a atopar emprego”.

O número máximo de participantes será de 15 persoas por taller.
Para inscribirse nos talleres hai que entregar unha solicitude na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello do Grove. A solicitude se pode recoller na AEDL ou ser descargada dende a páxina web do Concello.

No hay comentarios: