Historia do PP local

Introducción


Alianza Popular (AP) creouse o 9 de outubro de 1976, como unha federación de pequenos partidos conservadores, Reforma Democrática(Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Lauréano López Rodo), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñoz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) y outros.
Sendo o seu primeiro secretario Xeral Don Manuel Fraga Iribarne e o seu presidente a partir de 1979. Nas primeiras eleccións democráticas 1977 Alianza Popular acadou 16 deputados nas cortes constituíntes. En 1979 presentouse baixo o nome de Coalición Democrática.
En 1982 tras o afundimento da UCD, alianza popular acadou ser o primeiro partido da opción co nome de Coalición Popular.
Finalmente no ano 1989 Manuel Fraga tomou as rendas de Alianza Popular y fixo a refundición como partido único, creándose deste xeito o que hoxe en dia coñecemos como o Partido Popular. Afianzándose os rasgos liberais na nova formación política.

O nacemento da Agrupación Local (1983)


Ala polos albores de principios da década dos oitenta produxose o nacemento da agrupación local de Alianza Popular do Grove. Atopámonos nun momento da historia caracterizado pola gran participación política da sociedade, logo de vivir con gran intensidade os acontecementos políticos que viñeron dados pola transición política do pais. Deste xeito un grupo de mozos e mozas do municipio con unha gran vocación de servizo publico puxéronse a disposción do seu pobo coa ilusión de construír un fogar mellor para os seus veciños. Estas mozas e mozos do Grove dunha forma desinteresa e cun gran esforzo foron os que puxeron a primeira pedra deste gran edificio popular como o é o Partido Popular do Grove.
O núcleo fundacional desta agrupación local estaba integrada entre outros por Jose Luís Rodríguez Muñiz , Fernando Sanmartin, Xavier Almon, Ramón Castro Iglesias, Jose Leyba, Víctor Lores, Manolo Barral, Juan Vidal, Pablo Ochoa Meis, Manuel Benavides, Marisol Domínguez, Manuel Rivera, Francisco García Bea, Jorge Lamelas.
A primeira Directiva.(13 membros)
Presidente: Jose Leyba. Vicepresidente: Jose Luís Rodríguez Muñiz. Secretario: Manuel Rivera Álvarez.Vicesecretario: Manuel Benavides. Vocais:
  • Xavier Almon
  • Víctor Lores Fernández.
  • Jorge Lamelas
  • Ramón Castro Iglesias
  • Manuel Domínguez
  • Marisol Domínguez.
  • Manolo Barral.
Esta directiva celebrou a súa primeira reunión o lado do Bar Buenos Aires, na academia do Secretario Manuel Rivera Álvarez, actualmente xerente do Partido Popular en Lugo, asistindo en representación do aparato provincial Elixio Cancela y como secretario provincial Alexandro López Lamelas, acto no que se constituíu a Xunta Local. Esta foi unha directiva que se caracterizou por realizar unha gran labor tanto a nivel local coma a nivel provincial. Un dos traballos dos que se senten mais orgullosos foi a elaboración da proposta de reforma da lei de extracción e protección dos cultivos mariños. Esta proposta consistía nunha modificación da lei do FROM, na que se instaba a que se incluíse nesa disposición normativa a pesca extractiva. Para a elaboración da mencionada proposta a Xunta Local creou unha comisión composta polo industrial do sector mexilloiro Francisco Silva Meis, Manuel Rivera Álvarez, Jose Leyba y Jose Luís Rodríguez Muñiz (Carballo). Esta proposta foi redactada polas xentes do Grove, Vilanova de Arousa e polas de Boiro. Os textos foron pulidos polo avogado pontevedrés Días Lema e presentada en Fonte Culler na Coruña pola Deputada María Vitoria Fernández España, que foi quen a elevou o Congreso dos deputados, sendo admitida a proposta presentada por Alianza Popular e retirada a do Goberno da UCD.

A Vida Municipal


(Ver Candidatura 1983) O Partido Popular do Grove presentouse por primeira vez a unhas eleccións municipais ala polo ano 1983, época de gran revolta política e crispación social, onde se pon de manifesto a inmadurez democrática da que gozaba o pais enteiro. Viñamos dun período gobernado pola esquerda comunista que tivo dous alcaldes diferentes (Corbacho e Mourelos) onde a inestabilidade política foi a que marcou dalgún xeito a o mandato anterior . Nese ano de 1983 Alianza Popular presentou como candidato a Luís Caamaño, saíndo Alcalde Alfredo Bea Gondar, o cal cesou como alcalde logo dunha espectacular moción de censura presentada pola esquerda meca que puxo o mando do concello o alcalde Popular Luís camaño.

(Ver Candidatura 1987) Así chegamos a 1987 onde Alianza Popular demostra unha vez mais o espírito reformista e liberal o presentar como cabeza da lista unha muller, María Lina Bernardez Prol, a cal logra a alcaidía con dous concelleiros, sendo a Alcaldesa María Lina e Tenente Alcalde Manuel Guillan. Época na que se logra facer o actual paseo marítimo o cal nos permitiu o despegue definitivo do turismo no noso municipio.

(Ver Candidatura 1991) As seguintes elección municipais celebráronse en 1991, onde xa aparece como concelleiro o que hoxe en dia é o actual alcalde do Grove, D.Miguel Pérez. Nesta lexislatura o partido popular do Grove logra acadar 3 concelleiros, María Lina Bernardez Prol, Miguel Angel Pérez e finalmente Francisco Padin Novas. Esta é un mandato na que goberna a Asociación Veciñal independente, sendo o alcalde do Grove D.Miguel Taboada e o tenente alcalde Manuel Benavides.

(Ver Candidatura 1995) En 1995 o partido popular do Grove volve acadar 3 concelleiros (Francisco Funtes, Javier Sanmartin e Manuel Fontoira) mentres que os socialista logran acadar 4 concelleiros o que lle permite acadar por primeira vez a alcaldía do Grove. Este foi un mandato desastroso na que o pobo do Grove decatouse do error cometido, pois o único que se fixo foi destruír o construído.

(Ver Candidatura 1999) Este feito pagárono caro nos seguintes comicios electorais, xa que o partido popular logrou recuperar a alcaldía en 1999, con cinco concelleiros, saíndo alcalde D.Miguel Angel Pérez, tenente alcalde Paula janza e coma concelleiros Francisco Fontán, Xavier Sanmartin e Francisco Fuentes. Este foi sen dubida o período de maior progreso e de estabilidade política que se viu no municipio, grazas o esforzo modernizador que non ten precedentes no pasado. Foron catro anos nos que se desbloquearon proxectos importantes que se atopaban parados por unha nefasta xestión do goberno anterior. Conseguíndose infraestruturas fundamentais pra o desenrolo do noso pobo tales coma os catro carrís ata a Lanzada, mellora da entrada de Ardia, paseo de Meloxo, Campo de Fútbol, naves pra os mariñeiros, paseo de terra de porto etc. Conseguíndose que aqueles proxectos que parecían inalcanzables se fixesen realidade, feito que nos permitiu alcanzar no ano 2003 o mellor resultado electoral logo de rozar a maioría absoluta o acadar 8 concelleiros. Nestes comicios conseguimos manter a alcaldía grazas o esforzo e traballo que se fixo pra recupera-lo tempo perdido durante outros Mandatos.

(Ver Candidatura 2003) No ano 2003 o Partido Popular do Grove apostou por conxugar dous aspectos fundamentais, por un lado produciuse unha renovación da lista e pola outra intentouse formar un equipo de goberno con experiencia, se dubida que se logrou, xa que cambiamos a faciana deste concello polos catro costados. Ben e certo que se puido haber feito máis cousas, pero a rixidez temporal e as circunstancias non o permitiron.
O equipo de goberno formouse con Miguel Angel Pérez como Alcalde, a primeira tenente alcalde foi para Paula Janza e coma concelleiros estiveron, Francisco Fontán, Xosé Castro Blanco, Ana Isabel Domínguez, Alexandre Aguín, Miguel Devesa e Fernando Meis, posteriormente entraron coma concelleiros Fernando Casas y Jose cores pola renuncia de Paula Janza e Francisco Fontán por enfermidade.