jueves, 17 de mayo de 2012

O PARTIDO POPULAR DO GROVE CRITICA AS FORMAS NAS QUE GALIZA NOVA PRETENDE IMPOÑER O SEU PUNTO DE VISTA SOBRE A EDUCACIÓN AOS ESTUDANTES DA LOCALIDADE

Reuníronse cos delegados do IES As Bizocas durante un recreo para ofrecer una información sesgada


O Grove, 16/05/2012.- O Partido Popular do Grove critica varias situacións “anómalas” que se están producindo no IES As Bizocas, a través das que Galiza Nova estaría ofrecendo charlas políticas en horario lectivo ao alumnado, para impoñer a súa visión sobre a educación e sumar aos menores á folga.

Varios pais e nais do alumnado do centro alertaron da situación, ao entender que se está ofrecendo en horario lectivo aos menores unha opinión política determinada sobre a situación actual da Educación. Os delegados dos diferentes cursos do IES As Bizocas foron convocados a una reunión na que un representante de Galiza Nova, convocado polo centro, acudiu para informar aos participantes sobre a folga de estudantes.

Durante este encontro, Galiza Nova repartiu entre os alumnos folletos políticos e solicitoulles os seus enderezos electrónicos para enviarlles máis propaganda política xa que, segundo as súas propias explicacións, eles non o podían facer directamente ao ser alumnado da ESO tal e como o facían cos universitarios.

Desde o Partido Popular do Grove denuncia as formas utilizadas por Galiza Nova e a desprotección á que foron sometidos os alumnos, xa que viviron unha situación comprometida por non ter elección para acudir a ese encontro, celebrado durante o horario escolar, e no que se lles implicou como intermediarios dun partido e dun discurso político determinado. Entende, ademais, que a xefatura de estudos está fomentando a información sesgada e parcial entre o alumnado, en horario lectivo e sen a autorización dos seus pais. Ir á folga é un dereito de todas as persoas, pero é igual dereito o acceso á información, e que deben ser os propios centros e os seus profesores, no caso do alumnado, os que deben protexer que así sexa durante o horario lectivo, dando cabida á diversidade de opinións e non impoñendo a súa propia.

No hay comentarios: