sábado, 12 de mayo de 2012

"O Goberno do Concello do Grove trasládalles aos representantes dos traballadores as medidas en materia de redución de custos de persoal incluídas no Plan de Axuste"

venres, 11 de maio de 2012

O Plan de Axuste considera un total de 25 medidas das cales un total de 6 afectan á composición do equipo e suporán un aforro aproximado de 248.000 €

O alcalde, Miguel Ángel Pérez García, e o concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Juan Luis Callón Cameán, informan de que esta mañá se reuniron coa Mesa Xeral de Negociación do Concello conformada polos representantes do Comité de Empresa e os delegados de persoal funcionario, para darlles traslado das medidas incluídas dentro do Plan de Axuste en materia de redución de custos de persoal.

O pasado día 30/04/2012 recibiuse unha comunicación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ao respecto do informe favorable outorgado ao Plan de Axuste aprobado o Pleno da corporación municipal o pasado día 29/03/2012, necesario para acollerse ao mecanismo de pagamento a provedores establecido polo Goberno no RDL 4/2012.

Descrición das medidas adoptadas para a redución de custos de persoal no Plan de Axuste

Medida: amortización de 1 praza vacante de limpador no equipo de Persoal Laboral Fixo adscrito ao Programa 920 de Administración Xeral.
Data prevista de aprobación: 01/01/2015
Aforro xerado anual: 25.000,00 euros

Medida: eliminación de 5 postos de auxiliares de policía adscritos ao Programa 132 de Policía Local e previstos no equipo de Persoal Laboral Temporal.
Data prevista de aprobación: 01/01/2017
Aforro xerado anual: 27.000,00 euros

Medida: eliminación de 2 postos de peóns de limpeza adscritos ao Programa 162 de Recollida de Lixo e previstos no equipo de Persoal Laboral Temporal.
Data prevista de aprobación: 01/01/2017
Aforro xerado: 38.000,00 euros

Medida: amortización de 1 praza de administrativo adscrita ao Programa 155 de Urbanismo no equipo de Persoal Funcionario.
Data prevista de aprobación: 01/03/2018 (data de xubilación da persoa que ocupa a citada praza)
Aforro xerado anual: 29.000,00 euros

Medida: eliminación de 5 postos de peóns de Limpeza adscritos ao Programa 162 de Recollida de Lixo e previstos no Anexo de Persoal Laboral Temporal para os exercicios 2021 e 2022.
Data prevista de aprobación: 01/01/2021
Aforro xerado anual: 100.000,00 euros anuais

Medida: amortización de 1 praza de operario no equipo de Persoal Laboral Fixo no programa de 155 de Vías Públicas e Obras.
Data prevista de aprobación: 01/01/2021
Aforro xerado anual: 29.000,00 euros



No hay comentarios: