martes, 1 de mayo de 2012

Louzán e Pérez supervisan a nova rotonda e parque infantil do Corgo

Noticia e fotos publicadas en todogrove.com

O presidente da Deputación, Rafael Louzán; o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, acompañados de varios concelleiros e dos presidentes do CIT, Emgrobes e Hostalería, José Manuel Benavides, José Besada e Jaime Devesa, respectivamente, así como o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e asesor municipal, Víctor Otero, supervisou este martes primeiro de maio, dúas actuacións que executa a Deputación no Grove cun investimento total de 200.000 euros.

Trátase, concretamente, da rotonda de acceso ao porto do Grove e o parque infantil instalado fronte a propia casa do Concello.

A rotonda, situada en Beiramar, supuxo –segundo informa a Deputación– unha inversión de 60.000 euros de obra principal. Actuación financiada con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación que está a ser executada pola empresa Covsa.

Para o ente provincial “ven a solucionar un perigoso cruce”. Para acometer esta actuación foi preciso asinar un convenio con Portos de Galicia pois está situada en terreos portuarios.


O parque infantil, pola súa banda, supuxo unha contía de 140.000 euros. “Trátase dun parque completo instalado por Contenur”, sinalan dende a Deputación. Tamén é unha obra do PID demanda polo anterior goberno. Segundo manifestou Louzán, ambas obras (e outras realizadas pola Deputación) contribúen á mellora do ornato urbano, máis servizos e seguridade vial e á humanización do Grove.

No hay comentarios: