jueves, 26 de mayo de 2011

O Partido Popular de O Grove agradece a tódolos seus votantes o apoio recibido.

Pasados uns días do escrutinio e inmersos xa na negociación que debe conformar o novo goberno grovense, dende o Partido Popular de O Grove queremos facer chegar a todas aquelas persoas que depositaron a súa confianza na nosa forza política, o noso sincero agradecemento.

Ben é certo que esperabamos un resultado más amplo, que nos permitise neste momento estar a falar dun goberno sen ataduras ou coas mínimas posibles, pero a decisión dos grovenses é inapelable e así a acatamos.

Non debemos esquecer sen embargo, que somos a forza máis votada e elo nos obriga a tomala iniciativa a hora de formar goberno. Son moi poucas as variables posibles pero vámolas a probar todas co único fin de intentar un goberno sólido e de maioría dende o principio. Un goberno que defina ben as prioridades que deberamos acometer no vindeiro mandato, pelexar ordenadamente por elas, e conquerir no dia a dia a prestación dos servizos coas mellores cotas de calidade aos nosos veciños.

O próximo goberno de O Grove vai ser de coalición e por tanto debemos chegar a cordos con outras forzas. Nesas conversas o contido programático, o traballo a desenvolver nos próximos anos debe ser a base na que sustentar a fortaleza do goberno.

Elaboramos no seu momento un programa realista, afastado de promesas incumpribles e por tanto o acercamento entre as forzas coas que estamos a negociar debe ser máis doado. Estamos convencidos tamén da boa vontade dos grupos políticos cos que estamos a manter conversas e elo anímanos a poder conquerir o mellor goberno para O Grove.

No hay comentarios: