O Grove, 27 de xaneiro do 2012.-
O arranque do Paseo Marítimo (en Confín) que vai dende a zona portuaria de O Corgo ata a ponte de A Toxa estase a mellorar ante o deterioro que sufría e tamén polo pouco práctico que era o seu aceso peonil dende a zona portuaria que provocaba un continuo paso por encima da zona axardinada e facía que esta presentara un aspecto descoidado.
Coa introdución dun pequeno tramo de beirarrúa e unha maior superficie embaldosada fará máis cómodo o tránsito de peóns polo lugar e garantirase un mantemento máis adecuado do lugar que é, probablemente, un dos lugares máis transitados do noso concello.
Así mesmo elimínase un pequeno curruncho do xardín que avanzaba cara o vial e facilitará a circulación daqueles vehículos que queiran acceder ao porto nese punto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario