sábado, 22 de octubre de 2011

Pérez considera un atrevemento que Cacabelos pida explicacións dun problema que provocou el

Nova publicada en todogrove.com

“Cando Cacabelos di que hai que sentarse co conselleiro de Medio Ambiente `’para buscar vías negociadas que solucionen o problema’ está a recoñecer que o problema existe e que foi el quen o provocou”.

Comunicado íntegro:

Ante unha resolución de demolición como a ditada pola APLU calquera dirixente político sería cauto, ou incluso pediría desculpas por haber feito as cousas mal. Ao Sr. Cacabelos a situación dálle para esixirlle aos demais que arranxen o que el fixo de maneira irregular e ademais responsabilizalos deso.

Fai uns días tiñamos constancia a través dos medios de comunicación da “esixencia” do PSOE local para rexeitar a resolución da Axencia da Legalidade Urbanística que obriga a tirar a caseta veciñal de O Sineiro.

Anunciamos primeiramente que presentaremos recurso a tal decisión esta mesma semana, por tratarse dun ben público que está a dar un importante servizo aos veciños do lugar.

Xa temos demostrado a nosa implicación con este equipamento e os veciños o saben, por tanto pelexaremos por saír desta lamentable situación na que, a irresponsabilidade do anterior alcalde deixou ao Concello grovense.

É por iso, que non se entende o atrevemento de quen, vulnerando toda a normativa aplicable e facendo uso do trato a favor a familiares, sexa capaz agora de saír os medios de comunicación esixindo aos demais, solucións os serios problemas nos que sen necesidade meteu a este Concello.

A resolución da APLU non é caprichosa nin vai en contra de ninguén como pretende facer ver o Sr. Cacabelos para sacudirse a súa responsabilidade. A resolución (aínda que non nos guste) pon freo a unha maneira de actuar de feitos consumados, que non respectaban as normas, que enganaban na documentación presentada e permanentemente buscaban a confrontación sen ter en conta as consecuencias que como neste caso, teñen uns prexudicados claros, os veciños que puideran quedar sen este equipamento por mor da súa irresponsable actuación.

Nunca pensamos que logo deste proceder tan prexudicial para o Concello do Grove (recordo aquí tamén o caso do edificio administrativo) se sexa capaz de “esixir” publicamente, solucións aos demais ao tempo que facelos responsables dun expediente no que non tiveron nada que ver.

Arremeter contra o goberno con razón ou sen ela é a máxima do Sr. Cacabelos sen importarlle as consecuencias que elo poida ter.

É moi probable que teñamos que chegar ao que el recomenda na súa denuncia “buscar vías negociadas que solucionen este problema”. O faremos e chegaremos ata o final para salvar esta situación ou “problema” como el mesmo define, sen darse conta de que está a recoñecer a existencia do mesmo e que el o provocou.

No hay comentarios: