miércoles, 26 de octubre de 2011

Dende fai uns meses foron varias as esculturas que foron ubicadas definitivamente, logo de anos de abandono e sen recibir un trato adecuado

Fotografía procedente de todogrove.com 

O Simposium de escultura (dende este ano bienal) é dende hai vinte anos un evento do que os grovenses presumen como unha das súas iniciativas culturais máis importantes a par que supón un atractivo máis para a nosa vila.

Fotografía procedente de todogrove.com

Son cerca dun cento de esculturas as que posúe o concello de O Grove. A gran maioría delas forman parte da súa paisaxe urbana. Nos últimos anos prestóuselle moi pouca atención a esta actividade e nalgúns casos o abandono das obras de arte en rúas e xardíns, sen colocar adecuadamente ou, incluso, pasando ata dous anos no mesmo lugar onde foran elaboradas sen buscarlle ubicación e deixando de atender as indicacións dos seus creadores fixo que se xenarase certo desapego cara ao certame.

Para preservar o prestixio do mesmo e que se converta nun valor do que presumir non existe mellor formula que seguir a traballar en melloralo, ubicar as pezas adecuadamente, sinalizalas e mantelas.

É por elo, que nos últimos meses varias pezas saíron do abandono no que se atopaban. Así a obra de Esther Veiga do ano 1999 que levaba dous anos tirada no xardín de Confín foi colocada definitivamente nunha zona de Orillamar onde forma parte dun conxunto con outras pezas.

A obra de Emin Petrosyan (edición do 2009) que levaba dous anos no lugar onde fora executada, colocouse definitivamente nun saliente do Paseo Marítimo que ensalzou notablemente a súa beleza.

A obra de Hugo Pereira, ao igual ca anterior do certame do 2009 e tamén con dous anos sen prestarlle atención no lugar onde se confeccionou, pasou agora a formar parte dunha praza pública do concello.

Días atrás, colocouse de xeito definitivo no Paseo Marítimo a obra do armenio Harutyum Yekmalyan (da edición do ano 2005) e que dende o 2008, como consecuencia da demolición da fonte-piscina de Peralto, retirarase e fora arrinconada no propio Paseo.

En datas próximas seguiranse a colocar pezas e claro está, as tres obras correspondentes a edición deste ano nos lugares elixidos polos artistas. Ao tempo que anunciamos a elaboración dun catalogo de tódalas pezas. Recollerá as obras levadas a cabo dende o inicio do certame, onde se recollerán tódolos datos relativos ás mesmas: autor, ano da súa creación, tipo de granito, ubicación...

No hay comentarios: