· Trece obras se presentaron nesta edición
O Grove, 08/09/2011.- O premio da XVII edición do premio Manuel Lueiro Rey de novela curta decídese este sábado, 10 de setembro, ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello do Grove. Un total de trece obras se presentan nesta edición, que contará con Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Chelo Suárez como xurado. Os cinco membros son especialistas en literatura. Chelo Suárez é a gañadora da edición anterior do premio, dous membros foron nomeados polo Concello do Grove e os dous restantes participan en representación de Sotelo Blanco Edicións, entidade colaboradora encargada da edición das obras gañadoras.
A pesar de que a base 5º do premio establece que a obra gañadora daríase a coñecer durante o mes de maio do ano 2011, esta data foi imposible de cumprir porque os membros do xurado recibiron os orixinais entre os días 7 e 10 de xuño. Por este motivo, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín; a Editorial Sotelo Blanco e os membros do xurado, víronse na obriga de pospoñer a elección da obra gañadora ata este sábado, para facilitar a labor dos membros do xurado e da propia editorial.
Nesta edición presentáronse a este certame literario trece obras, un número inferior ao dos anos de esplendor do Premio, “seguramente debido á escasa atención prestada ao certame ao longo destes catro anos, que incluso chegou a non ser convocado en 2009”, manifesta o edil.
O Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo Concello do Grove dende 1992, co obxecto de promocionar a vida e obra do escritor e xornalista.
Relación de premiados:
1º (1992): MANOEL RIVEIRO LOUREIRO: O Encerro
2º (1993): MARIANO J. M. CABRERO FIGUEIRO : Historia de Zeltia
3º (1994): XOAN XOSÉ PIÑEIRO COCHÓN : Reciclador
4º (1996): ROSA ANEIROS DÍAZ: Xogo de espellos
5º (1997): FRANCISCO CASTRO VELOSO: Play Back
6º ( 1998): INMACULADA LÓPEZ SILVA: Canción de amor india
7º (1999): JOSÉ LUIS ÁLVAREZ PÉREZ: De maxia e de obras
8º (2000): MANUEL ANXO DARRIBA BLANCO: Velada do Billarista
9º (2001): SANTIAGO JAUREGUIZAR ORTIZ DE ZARATE: Breve
10º (2002): XABIER LÓPEZ LÓPEZ: O mono no espello.
11º (2003): Mª DO PILAR BUELA PIEDRA: Ácaros Verdes
12º (2004): TERESA MOURE PEREIRO: A xeira das árbores
Finalista: PAULINO MARTÍNEZ PEREIRO: Sinfonía Cíclica
13º (2005): MANOEL RIVEIRO LOUREIRO: Xullo-Agosto
Finalista: XURXO SIERRA VELOSO: Licor de abelá con xeo
14º (2006): MARIÑA PÉREZ REY: Canícula
Finalista: XAVIER FRANCO ALONSO: Aínda
15º (2007) RAMÓN CARIDE OGANDO: O Frío Azul
16º (2008) AN ALFAYA: Area Quente
17º (2010) CHELO SÚAREZ MUIÑOS: As horas rotas
Finalista: JUAN TALLÓN: A pregunta perfecta (O Caso Aira-Bolaño)
No hay comentarios:
Publicar un comentario