Noticia publicada en todogrove.com
A Concellería de Educación recorda que a Xunta está cumprindo cos prazos e coas actuacións comprometidos co Concello, coa dirección do centro e cos pais. “O que realmente nos importa é que as melloras se fagan e que a comunidade educativa este satisfeita”, valora a responsable municipal de Educación, Laura Besada.
O goberno do Grove, a través da Concellería de Educación, recomenda ao socialista Jose Antonio Cacabelos que siga as recomendacións que lle dá a Asociación de Nais e Pais do CEIP Rosalía de Castro, ao suxerirlle que deixe de facer política coas obras do centro, sobre todo tendo en conta que el mesmo estaba satisfeito coas obras cando era alcalde. A edil de Educación, Laura Besada, coincide coa asociación, en que a Consellería de Educación “está cumprindo cos prazos marcados e coas actuacións comprometidas desde un principio, o que vai permitir unha transformación integral do centro”.
“Resulta sorprendente que critique unhas obras que conta co apoio de toda a comunidade escolar do colexio Rosalía de Castro, da asociación de nais e pais e da propia dirección do centro. E isto é o que realmente nos importa. Que as melloras se fagan, que se resolvan as deficiencias do centro e que as persoas interesadas estean satisfeitas”, engade. E a xulgar polas últimas declaracións da presidenta da Asociación de Nais e Pais, Concepción Torres, “esta satisfacción é real”. “Desde o Concello do Grove coincidimos coa ANPA e mostrámonos contentos coa actitude da Xunta de Galicia, así como coa profesionalidade das empresas e traballadores que levaron a cabo as obras da primeira anualidade”, recalca Besada.
O colexio, edificado nos anos sesenta, está sendo sometido a unha obra valorada en máis dun millón de euros, que se realizará en tres fases, debido á importante inversión que supón e co propósito de non interferir nos desenvolvemento do curso escolar. Durante a primeira fase, rematada en xuño, as obras executadas incluíron a reforma da sala de caldeiras, así como do sistema de calefacción; a adecuación á normativa vixente da instalación eléctrica; obras de retellado e a instalación dunha nova rede de saneamento e fontanería. O orzamento desta primeira actuación está valorado en máis de 185.000 euros.
As obras continuarán o vindeiro verán coa remodelación da fachada e da carpintaría exterior, e no 2013 están previstos os arranxos do ximnasio. As melloras realizaranse durante o período estival co obxectivo de non interferir no desenvolvemento habitual das clases durante o curso escolar
No hay comentarios:
Publicar un comentario