jueves, 25 de agosto de 2011

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE AMPLÍA O SEU HORARIO PARA QUE OS USUARIOS POIDAN PREPARAR OS EXAMES DE SETEMBRO

O Grove, 25/08/11.- A Biblioteca Municipal do Concello do Grove ampliará durante tres semanas o seu horario con motivo dos exames de setembro. Deste xeito, a biblioteca permanecerá aberta ata o 16 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. Isto suporá un total de 45 horas máis de servizo semanal que durante o verán, para dar resposta ás necesidades dos estudantes do municipio.

Cabe recordar que durante os meses de verán a biblioteca estivo aberta de 9.00 a 15.00 horas. O novo horario estará vixente desde o pasado luns ata o 16 de setembro, coincidindo co remate do calendario de exames. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín, explica que con esta medida preténdese atender as necesidades dos estudantes do Grove, para que poidan preparar os seus exames de setembro en horario de mañá e de tarde.

No que respecta á Axencia de lectura de San Vicente, permanecerá aberta en horario de 9.00 a 14.00 ata o 19 de setembro, data en que se retomará o horario de inverno en ámbalas dúas instalacións.

No hay comentarios: