miércoles, 29 de junio de 2011

Posponse ata o 10 de setembro o Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta

 Alexandre Aguín ponse en contacto cos membros do xurado e coa Editorial Sotelo Blanco para coñecer o estado do certame

O Grove, 29/06/2011.- O premio da XVIII edición do premio Manuel Lueiro Rey de novela curta dictaminarase en setembro, decisión adoptada polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín; a Editorial Sotelo Blanco –entidade colaboradora encargada da edición das obras gañadoras-; e os membros do xurado tras establecer contacto para coñecer o actual estado do certame. A información acadada despois desta primeira toma de contacto foi que, a pesar de que a base 5º do premio establece que a obra gañadora daríase a coñecer durante o mes de maio do ano 2011, os membros do xurado manifestaron que aínda recibiron os orixinais entre os días 7 e 10 de xuño.

Ante o atraso importante que acumula o certame, decidiron adiar a decisión da obra gañadora e fixar a data do sábado 10 de setembro para facilitar o labor dos membros do xurado e da editorial Sotelo Blanco.

O xurado estará composto por cinco membros especialistas en literatura. Un deles é a gañadora da edición anterior do premio, dous foron nomeados polo Concello do Grove e os dous restantes participan en representación de Sotelo Blanco Edicións.

Trece son as obras que concurren a esta XVIII Edición, un número inferior ao dos anos de esplendor do Premio, seguramente debido á escasa atención prestada ao Certame ao longo destes catro anos.

No hay comentarios: