Nova e fotografías publicadas en todogrove.com
O Partido Popular mantivo na tarde deste luns unha xuntanza cos representantes da Federación de Empresarios de Comercio e Turismo do Grove (FEMCOTUR), co obxectivo de coñecer as súas “inquedanzas” en materia de comercio e turismo.
Nun momento no que os partidos que optan a ocupar a alcaldía se atopan “inmersos” na definición dos seus “obxectivos de cara os próximos catro anos”, a formación que lidera Miguel Ángel Pérez solicitou unha xuntanza coa federación que Emgrobes, Asociación de Hostalería e Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) conformaron recentemente para afrontar a compra conxunta dun local en Beiramar, e que finalmente se celebrou ás oito da tarde deste luns na sede do partido.
O obxecto desta xuntanza era, como explicou o PP nun comunicado, abordar cos representantes dun colectivo no que está representado unha “porcentaxe moi alta” do empresariado local a visión que os populares grovenses teñen das “inquedanzas e problemáticas” duns sectores “tan importantes” como son o comercio e o turismo, así como darlles a coñecer “a maneira que entendemos mellor para afrontalas”, explicou este partido.
Así pois, nesta reunión na que os representantes do PP conversaron co presidente, secretario e tesoureiro de FECOMTUR, José Besada, José Manuel Gónzalez Benavides e Jaime Devesa –presidentes de Emgrobes, CIT e Hostalería respectivamente–, puxéronse sobre a mesa cuestións como o xeito de afrontar a promoción turística do municipio, ou como mellorar as condicións do comercio local, ao tempo que os representantes deste partido tamén aproveitaron para tomar nota das inquedanzas do empresariado grovense.
A este respecto, o PP definiu como unha “guía de goberno para os próximos catro anos”, os puntos recollidos no Plan Estratéxico do Grove, ao tempo que lle trasladou aos empresarios o seu “firme propósito” de fomentar a súa participación na “vida do Concello” a través dun ente que “non funcionou” ao longo do último mandato, o Consello Consultivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario