lunes, 2 de mayo de 2011

O Partido Popular de O Grove xuntase no dia de hoxe coa Federación de empresarios de comercio e turismo do Grove (FEMCOTUR) a partires das 20,00 horas na súa sede da rua Castelao.

O Grove, 2 de maio de 2011.-
A Federación Femcotur está composta polas tres asociacións que no noso concello agrupan e defenden os intereses do comercio local e as empresas turísticas.

Emgrobes, Asociación de Hostalería e Centro de iniciativas turísticas constituíronse en Federación co obxecto de unir os seus esforzos na procura de dar un mellor servizo aos seus asociados e contribuír con máis forza na promoción dos seus negocios e do noso concello.

Entendendo que no seu seo está representado un porcentaxe moi alto do entramado empresarial grovense nestes dous sectores tan importantes na nosa vila e que veñen contribuíndo co concello de O Grove dende fai moitos anos, a través de diversos departamentos, pero moi especialmente coa súa participación no Consello sectorial do Turismo e da Festa do Marisco, dende o Partido Popular de O Grove consideramos a súa labor e a súa implicación en todo aquilo que vaia en beneficio do conxunto dos grovenses  como importante e definitorio do seu compromiso.

É por elo, que nun momento como o actual, en que os grupos políticos que aspiramos a formar do goberno do noso concello estamos inmersos na definición dos nosos obxectivos de cara os próximos catro anos, solicitamos esta xuntanza onde pretendemos discutir con seus representantes cal é a  visión deste grupo político das inquedanzas e problemáticas que como colectivo teñen e a maneira que entendemos mellor para afrontalas.

Así pois discutiremos con eles, a mellor maneira de afrontala promoción turística do noso concello, como podemos contribuír a mellorar as condicións do comercio local  e outros temas de interese das partes, ao tempo que recolleremos a súas inquedanzas.

Anunciamos tamén o firme propósito de que a súa participación na vida do concello a través do consello consultivo que xa existe pero que non funcionou durante estes catro anos vai ser total pola nosa parte, brindándolle e solicitándolle permanente colaboración.

Por outra banda, daremos un repaso ao contido e aos obxectivos do Plano Estratéxico do Grove no que tanto traballaron e que dende a nosa organización consideramos non só vixente senón que asumimos como unha guía de goberno para os próximos anos.

No hay comentarios: