Texto: I. Rodríguez | Foto: M. Muñíz
O PP realizou este sábado un pequeno acto orientado a dar a coñecer aos integrantes da súa candidatura, e no que puideron realizar a “foto de familia” do equipo co que tentarán acadar a maioría absoluta nos comicios do 22 de maio, unha lista renovada que combina madurez e mocidade, como destacou o seu candidato, Miguel Ángel Pérez.
Pérez subliñou que a lista coa que concorren a estes comicios sufriu unha “moi importante renovación por determinadas circunstancias”. Nun caso “porque así o decidiu o partido” e noutro porque tamén houbo “compañeiros que non podían seguir”. O caso é que, nos postos de cabeza, só repiten dous dos integrantes do actual grupo municipal, Alexandre Aguín e o propio Pérez.
O candidato opinou tamén que se trata dunha “lista moi compensada” que conta con “tintes de madurez”, en xente como Manuel Ochoa, Juan Luis Callón ou Carlos Otero, e con xente nova como Marta Domínguez, Laura Devesa ou o propio Aguín.
Pérez amosouse “satisfeito” co “equipo que chegamos a formar”, e asegurou que afrontan os próximos comicios “moi ilusionados” e cun obxectivo claro, acadar a maioría absoluta. Agora pretenden “contaxiar esa ilusión a todo o mundo” a través dun programa “ambicioso pero realizable”, no que, segundo explicou Pérez, os populares buscan “escapar de promesas incumpribles”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario