A nova estratexia política do goberno grovense tratando de abrazarse a todo aquilo que a Xunta vai perfilando e que eles negaron ata fai unhas semanas está a deixar ver grotescas escenas que de novo demostran a inconsistencia, a descoordinación e as continuas mentiras dun goberno que esmorece coa bagaxe máis pobre de toda a democracia.
O Grove, 2 de febreiro de 2011.-
Dende fai unas semanas estamos asistindo a unha nova forma de entender a política que nada ten que ver co declarado e repetido machaconamente durante os últimos anos, e agocha unicamente unha nova estratexia electoral moi burda, moi descoordinada e que leva aos membros deste goberno e principalmente ao seu alcalde a máis grotesca das situación posibles.
Comezou o mandato poñendo un listón altísimo confiando na bonanza económica do momento e no goberno bipartito dos seus compañeiros (PSOE-BNG) en Santiago.
A conta desto “prometeron montes e moreas”. As declaración do alcalde eran deste teor,
- “el puerto deportivo ya pasó todos los trámites necesarios y en el 2010 comenzarán las obras”,
- “la autovía pronto será una realidad”,
- “ya podemos decir que O Grove cuenta con pabellón y piscina en un magnifico complejo”,
- “la conselleria de Educación(bipartita) nos prometió un nuevo colegio en el lugar del Rosalía”, e así moitas declaracións ata sentenciar con aquello de “la Xunta del sr. Touriño ha rematado con deuda histórica que existía con O Grove” .
Logo do 1 de marzo do 2009, podemos comprobar que todo aquello era unha gran mentira do noso alcalde. Ata tal punto que o seu subconsciente o traizoa emprendendo unha durísima batalla, a de esixir a nova Xunta de Galicia todo canto nos había dito e que ata ese momento estaba encauzado, tiña proxectos, tiña orzamentos, comezaban as obras xa, etc. etc.
A partires de aquí o discurso tornouse hacia unha deriva distinta,
- “a Xunta e a Deputación non queren colaborar nin investir no Grove”
- “esiximos que se nos de o que nos corresponde”
- “Educación non quere resolver o problema de Rosalía, pero si o fai en Cambados”
- “portos de Galicia ten esquecido O Grove”, etc, etc,
Pasou da máis absoluta compracencia co bipartito a toda a belixerancia posible co goberno do presidente Feijoó en cuestión de horas.
Sen darse conta, o esixir a nova Xunta de todo, estaba admitindo que coa bipartita non había conseguido nada, pasando os dous primeiros anos do seu mandato mentindo conscientemente aos veciños.
Arremetendo e buscando deliberadamente a confrontación con Deputación e Xunta dende marzo de 2009 pasaron casque dous anos máis, no que o único que conseguiu, foi crear un clima irrespirable que fai imposible unha normal relación coas administracións. Non adiantou absolutamente nada de interese naquelo que lle correspondía e baste o exemplo do PXOM para describir esta lamentable situación.
Agora, dende fai un par de semanas e ao tempo que se van constatando os pasos que a Xunta do presidente Feijoó ven dando en referencia a distintos asuntos pendentes en O Grove, o alcalde e os seus compañeiros corren para subirse o carro e casque todo lles parece ben, co único obxectivo de poder “saír nalgunha foto” de todos aqueles proxectos que xa nos venderan como certos e que os seus compañeiros do bipartito “os deixaron na estacada”.
Agora, logo de que Portos de Galicia por primeira vez presentase un traballo con distintos estudos e alternativas, tamén con compromisos de futuro e demostrándose que todo canto nos contou sobre o Porto era mentira, abraza ese proxecto e pretende arrogarse un mérito que non lle corresponde. Foi Portos de Galicia, logo de partir da nada, quen escoitou a todo o mundo, promoveu e tomou a iniciativa presentando documentos e suxerindo prazos.
O mesmo sucede, coa pretendida concesión administrativa o club de remo Amegrove, asistindo a batallas nas que alcalde e concelleiro perden o tempo nos medios de comunicación contando cousas distintas tratando de encabezar cada un deles e individualmente o mérito destas xestións.
Namentres eles se pelexaban, os membros do club foron a Santiago e co presidente de Portos pactaban a concesión e lograban que este departamento leve a cabo a redacción do proxecto do ansiado club.
Tamén agora, que a Secretaría de Deportes confirma o inicio dos traballos para a redacción do proxecto do novo pavillón polideportivo, asoman a cabeza cada un polo seu lado. Todos queren estar na foto.
Ata o alcalde saíu contentísimo da xuntanza co conselleiro de Medio Ambiente e nos di que vai solucionalo todo. Alegrámonos moito e estamos seguros que así o fará. O que dependa da consellería irase pouco a pouco solucionando, non así, o que dependa do goberno grovense, que agocha os problemas nos caixóns, a pesares de que xa lle dixeron moitas veces que tiña que elaborar o PXOM.
A lista de exemplos seria longa e seguiremos a vela nos próximos tempos, correndo cada un polo seu lado tratando de facernos ver o traballadores e eficientes que son, aínda que sexa, dicindo agora, que todo vai avanzando polo bo camiño e buscar fotos con todos aqueles que, según eles, ata fai uns días “so estaban preocupados de amolar O Grove”.
Pero en que quedamos, ¿non era esta Xunta, sectaria?, ¿a que non quería nada co Grove?, ¿a que nos marxinaba?, ¿terá que ver algo este boísimo actual coa cercanía das eleccións?
No hay comentarios:
Publicar un comentario