lunes, 10 de enero de 2011

Petición de xuntanza para debatir os orzamentos de 2011

MIGUEL ÁNGEL PÉREZ GARCÍA, provisto do DNI ..., con enderezo a efectos de notificación na rúa ... de O Grove e en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular,
EXPÓN,
Que pola súa experiencia de goberno durante oito anos e sempre en situación de minoría política o Partido Popular de O Grove é consciente da dificultade de afrontar un novo exercicio sen contar para elo, coa principal ferramenta que permita a súa execución nas mellores condicións. Así, executar calquera obra, prestar servizos ou simplemente cumprir os compromisos adquiridos pódese dificultar notablemente e é por elo que pretendemos facerlle chegar a dispoñibilidade do noso grupo político para levar a cabo e aprobar os orzamentos do 2011 o máis axiña posible.
Descoñecemos (porque ao igual que en anos anteriores vostede non nos informa) as intencións do goberno con respecto deste asunto, pero a pouco que observamos, estanse a comprobar dificultades por unha banda (motivadas pola minoría na que, na actualidade se atopa) e parece tamén, que falla de intencionalidade de levalo a cabo pola outra.
Esta situación abocao a funcionar cun orzamento prorrogado que nin é real, nin é o que necesitamos e elo provocará continuas modificacións, desaxustes e perdas de tempo que non darán resposta as nosas necesidades.
Necesitamos nambergantes, contar co mellor orzamento posible para afrontar a difícil situación que fai uns días nos anunciaba nos medios de comunicación e en cuxo diagnostico coincidimos. Máis tamén é certo, que debemos acertar a hora de afrontala e por iso nos diriximos a vostede, na confianza de que poidamos valorar conxuntamente cales son as medidas que deberán adoptarse e plasmar nos orzamentos.
Dende o lugar que ocupamos dentro da corporación grovense, na oposición, pero tamén dende a responsabilidade que ostentamos como grupo maioritario da corporación e con experiencia de goberno, entendemos que máis aló da labor de control e fiscalización que o mandato nos ten encomendado, debemos esforzarnos en buscar acordos que se traduzan en beneficios para os nosos veciños.

Creo por tanto, que a pesares de non compartir,
  • Moitas das decisión tomadas polo seu goberno,
  • O rexeitamento político que ten demostrado hacia o noso grupo e as nosas propostas nunha, bastante soberbia e nada participativa acción de goberno, e
  • A continua confrontación coas demais administracións,
 É a nosa obriga neste momento, e sen condicionante previo algún, que poida dificultar un máis que interesante acordo, pornos á súa disposición para prestar a nosa incondicional colaboración para elaborar e aprobar os orzamentos do ano que andamos.

É por elo que,
SOLICITO,

Se nos conceda unha entrevista pola súa parte para avanzar e concretar sobre esta posibilidade.

ILMO SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE O GROVE.

No hay comentarios: