sábado, 8 de enero de 2011

O Partido Popular de O Grove esíxelle ao Tte. de alcalde, sr. Besada, responsabilidade e traballo acorde ao salario que cobra do erario público.

O Grove, xaneiro de 2011.-

O saír os medios de comunicación contando “un par de bravatas” non xustifica o salario que cobra o Tte. de alcalde, e moito menos aceptamos que o faga responsabilizando das súas carencia de xestión mailo goberno do que forma parte aos demais.

Dende o PP de O Grove, desexariamos que as afirmacións que fai con respecto do Centro de Día foran certas, pero nos tememos ao igual que a inmensa maioría dos grovenses que “o que non fixo en tres anos e medio a pesares de contar con dedicación exclusiva, sexa capaz de resolvelo agora en catro meses”.

Como xa se lle dixo no seu momento por parte deste partido, “as casa empézanse polos cimentos e non polo tellado”. É isto foi o que fixo este goberno e o sr. Besada.


En ningún momento antes da petición do crédito se habían dirixido a Xunta de Galicia para buscar unha solución á construción desta instalación, polo que non cabe agora responsabilizar a esta de nada. Cando se pretende colaboración ou financiación doutra administración, primeiramente hai que entablar negociación con ela, chegar a acordos e plasmalo nun convenio que lle dea cobertura, pero o noso goberno faino ao revés de todo o mundo e agora dedicase a arremeter contra as administracións.

Recordámoslle ademais que non dispoñen de solo urbanísticamente habilitado para esta construción e iso é debido a “inexistente xestión no eido urbanístico por parte deste goberno” que nin foi quén de avanzar un só metro no PXOM (do que tantas leccións nos deron) nin tampouco foron quén de que se aprobase o Plan Especial nos terreos adxacentes ao cemiterio a pesares de contar co apoio de toda a corporación.

Ademais deso, non é de recibo pedir cartos para esta infraestrutura sen ter garantida a súa posta en marcha, ou o seu funcionamento. Está moi ben dicir nos medios, aquilo da xestión pública e directa por parte do concello, cando eles mesmos saben que o noso concello non está en condicións de asumir o custe que iso supón. Por tanto, dobre responsabilidade nun asunto que unicamente utilizarán durante estes meses de xeito electoral pero que coñecen dende o principio que non verá a luz por agora.

Indigna ademais comprobar como a apartación deste grupo (BNG) e deste compañeiro (nada menos que Tte. Alcalde) durante casque catro anos limitase a enviar esporadicamente notas de prensa para facernos saber que está por aquí. E nesa liña mediática que non de traballo, de resultados, non olvidamos que durante os dous primeiros anos do mandato coincidiron cun goberno bipartito en Santiago, no que os seus compañeiros frentistas ostentaban a responsabilidade de servizos sociais nun momento de expansión económica importante, polo cal non entendemos como desaproveitou a ocasión para facer o citado Centro de Día sen que tivésemos que pedir un crédito de para elo de 600.000 euros e sen garantir un convenio para o seu funcionamento futuro sen recorrer as arcas municipais.

Votamos moito de menos, este teatralizado esforzo naqueles momentos en que todo parecía máis doado.

No hay comentarios: