Presentada en rexistro o 31-12-2010 e logo de non ser chamados á reunión solicitada por los responsables da Plataforma veciñal para dar conta aos grupos políticos municipais do acordo subscrito en Deputación. Temos constancia da solicitude de reunión ao alcalde por parte deste grupo, pero non así da convocatoria da mesma.
Eso fala ben ás claras da transparencia e participación da que presume este goberno e, principalmente, o seu soberbio alcalde que nunca se traduce en feitos.
A demostración do que desde o principio denunciamos, a utilización política e torticeira deste asunto por parte deste alcalde, non ía máis aló de querer converter o "asunto Pousada" no "Prestige" co que presentarse ás eleccións.
Que pena!!, non se daría conta de que seria un balance pobrísimo?. A vía do diálogo, do acordo que, desgraciadamente, el non practica triunfou pero el non se alegra se non que se amosa "escéptico". Escépticos, confundidos e cansados están os grovenses da súa inexistente xestión que dea froitos ao concello e cansados están do seu continuo esforzo en arremeter contra todo o mundo para buscar culpables de todo o que lle acontece, sen darse conta que o problema non é ese se non o que lle sucede ao seu pobo, ou incluso o que non lle sucede, para aqueles que queiran velo medio cheo o medio baldeiro.
MIGUEL ÁNGEL PÉREZ GARCÍA, provisto do DNI 33.237.621-E, en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular no concello e O Grove, en nome e representación do mesmo e ao amparo do establecido nos artigos 91.4 e 97.3 do réxime xuridico da Entidades Locais do 1986, por razóns de urxencia, eleva o Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte,
MOCIÓN DE APOIO O ACORDO ASINADO POLA PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A PLATAFORMA VECIÑAL GROVENSE AO RESPECTO DO PROXECTO, POUSADAS DO SALNÉS.
Como é por todos coñecido, a Deputación de Pontevedra con cargo a un programa europeo que contou co visto bo do goberno do Estado vai levar a cabo o proxecto “POUSADAS-XARDÍN DO SALNÉS” que consiste na posta en marcha de catro establecementos hoteleiros na comarca do Salnés cunhas singularidades especificas dirixidas a un sector da poboación que padece algún tipo de discapacidade ou mobilidade reducida.
As mesmas vanse situar nos concellos de Ribadumia, Meis, Meaño e O Grove e todas elas están xa nun avanzado estado de tramitación ou incluso algunha, en construción.
A prevista para O Grove, terá a súa ubicación no antigo Sanatorio da Lanzada, propiedade da Deputación e Pontevedra e na cál se levan a cabo diferentes actividades e servizos.
Na actualidade e durante os últimos anos está a ser sede da celebración dos obradoiros de hostalería que a Mancomunidade do Salnés promove coa colaboración da Deputación de Pontevedra que cede as instalacións.
A raíz da decisión da institución provincial de converter este edificio nunha das mencionadas Pousadas, aínda que sen menoscabo das demais actividades que tradicionalmente alí se levan a cabo, no concello grovense xurdiu un movemento veciñal que non compartía a ubicación desta instalación no antigo Sanatorio, por entender que este feito remataba co carácter público do centro e sería moi difícil seguir realizando naquelas instalacións o obradoiro de emprego que por outra banda, tanto custara conseguir.
Logo dun encontro dos representantes deste movemento veciñal co presidente da Deputación provincial, chegouse a un acordo que plasmaron nun documento conxunto e ambas partes asinaron e fixeron público.
O documento di o seguinte:
COMUNICADO CONJUNTO
Reunidos en Pontevedra, 29 de diciembre de 2010, por una parte D. Rafael Louzán Abal, presidente de la Diputación de Pontevedra y por otra parte, D. Xan Caneda, Dª Mª del Carmen Cacabelos Vidal y D. Francisco Fresco Caamaño, integrantes de la Plataforma de un colectivo de vecinos de O Grove, en relación a la construcción de la Pousada de La Lanzada, se adoptan los siguientes compromisos,
- Continuar con el desarrollo del proyecto Pousadas de O Salnés para la construcción de la Pousada del Centro de Vacaciones de A Lanzada, bajo gestión de la Diputación, que acogería al Centro de Formación reglada de Hostelería y Turismo, todo ello teniendo en cuenta la aprobación de la Xunta de Galicia.
- Que se continúen potenciando los campamentos de la Lanzada, que se vienen desarrollando en esas instalaciones durante los meses de verano y estudiándose la posibilidad de llevar a cabo una ampliación el número de plazas en el futuro.
- Que se siga desarrollando el actual Obradoiro de Emprego de Hostelería y se inste a la Xunta de Galicia a lograr que la construcción de la Pousada sea gestionada con destino a la creación de un Centro de Formación reglado para las personas que trabajen en la misma, pudiendo este suplir al actual Obradoiro de Emprego que sigue funcionando en los últimos cinco años, con la finalidad de la creación de una Pousada Centro de Formación reglada en Hosteleria y Turismo, todo ello, en convenio con la Xunta de Galicia y la Diputación de Pontevedra.
Tendo en conta o importante do acordo plasmado nos tres puntos anteriores e sendo conscientes, que unha das máximas que máis valoran os cidadáns aos seus representantes políticos, é que se esforcen por chegar a acordos que vaian en beneficio dos seus administrados, nesta ocasión temos motivos para que o noso concello manifeste a súa ledicia, de que a decisión que comezou sendo un elemento distorsionador e divisorio para algúns, se tornase, grazas ao esforzo de todos e mediante o dialogo nun acordo satisfactorio para as partes.
É por elo, que instamos ao pleno do concello, a que tome o seguinte ACORDO,
A corporación grovense, tras coñecer o acordo subscrito pola Plataforma veciñal (nacida en torno o proxecto da Pousada-Xardín no antigo sanatorio da Lanzada) maila Deputación de Pontevedra, manifesta a súa satisfacción pola sinatura do mesmo e sumase aos acordos plasmados no comunicado conxunto, ao tempo que seguirá a tramitar coa máxima axilidade posible a documentación necesaria para a súa posta en marcha.
O Grove, a 30 de decembro de 2010
Miguel Ángel Pérez García
No hay comentarios:
Publicar un comentario