Non deixa de ser unha das tantas “promesas incumpridas”, pero tendo que ver coa súa gran aposta “o urbanismo”, dá a medida xusta do “ineficaz e mentireiro goberno” que padecemos.
O Grove, 23 de xaneiro de 2011.- Durante anos os grupos que hoxe forman o goberno municipal, namentres ocuparon a oposición fixeron do urbanismo a súa bandeira electoral co único fin de menoscabar a acción do goberno existente e crear un clima irrespirable en contra do mesmo.
Todo o relacionado co PXOM, coa disciplina urbanística, coas infraccións, etc., foron o cabalo de batalla durante anos. Paralelamente escoitabamos declaracións de todo tipo, en que a rexeneración, o bo facer, a participación veciñal, a transparencia, a vixilancia e persecución aos infractores, o cobro das multas, etc. etc. ían ser as premisas de calquera goberno no que eles participasen, devolvendo aos grovenses o orgullo de selo, dotándoos dunha normativa a súa medida nun primeiro termo e perseguindo e sancionando e a aqueles que a saltasen despois, de xeito exemplarizante.
Naqueles anos naceu tamén, da man dos seus compañeiros en Santiago, (o goberno bipartito) a Axencia da Legalidade Urbanística que celebraron moito e dicían que era a arma perfecta e necesaria para acabar con tódolos males que padecía O Grove nese eido. Sucedéronse declaracións, rogos, iniciativas plenarias, no senso de esixir ao goberno de entonces a inmediata adscrición de O Grove na mencionada axencia para acabar coa anarquía que según eles, no noso concello reinaba.
A comezos do mandato do goberno cuatripartito e vendo que non tomaban a iniciativa recordóuselles “a tantas veces anunciada promesa” e nos dixeron que estaban nelo, que estaban a recoller a documentación necesaria “para coñecer mellor o alcance da medida que ían tomar”.
Pasaban os meses e a documentación semellaba non chegar cando de novo tivemos que preocuparnos do asunto e atopámonos con algunhas explicacións que máis ben parecían evasivas e algunha que outra consideración que deixaba ver, desinterese polo asunto.
Cando estamos a rematar o mandato, casque catro anos despois, e logo de varias promesas por parte dos “mentireiros” alcalde e tenente de alcalde, logo tamén de varias promesas de xuntanza co resto da corporación para analizalo tema e non convocarse ningunha e algunha que outra desculpa máis, temos unicamente por certo, que a situación urbanística no noso concello nin avanzou, porque ao PXOM “nin lle tocaron” nos catro anos que agora rematan e a inclusión de O Grove na mencionada axencia (que eles reclamaron insistentemente dicindo que era vital para os intereses colectivos) tampouco a levaron a cabo.
Cales foron os motivos deste cambio de posicionamento?
E que o órgano que os seus propios partidos crearon cando tiveron responsabilidade e que tan bos servizos ía prestar a O Grove, xa non é valido agora?
Que se oculta detrás desta decisión que nunca explicaron?
Son moitas as preguntas que quedan no aire e sen contestación por parte daqueles que fixeron deste tema unha cuestión case de Estado e agora que tiveron oportunidade, demostraron non sabemos si incompetencia, irresponsabilidade ou as dúas cousas xuntas.
Pedirémoslle explicacións de novo antes de que acabe o mandato. Na nosa labor de oposición temos a obriga de facelo e os nosos veciños merecen explicacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario