Xunto coa falla de promoción que se fai deste espazo de alto interese etnográfico e paisaxístico, fai que pase desapercibido para a maioría dos visitantes que acoden a O Grove.
O Grove, 14 de setembro de 2010.-
Membros do Partido Popular de O Grove fixeron durante este verán un seguimento do fluxo de visitantes que xenera o CIPES de Moreiras, para desgraciadamente confirmar os datos que dende facía tempo sospeitabamos.
O Centro de Interpretación da Salga non superou durante este verán a media de 8 – 10 visitas diarias.
Este dato, que calificamos de pobrísimo debera preocupar ao noso concello, posto que o número de visitantes que o Centro xenera non se corresponde co alto interese do conxunto que alí se amosa, nin tampouco co espectacular entorno que o rodea. Moito menos son capaces dende o concello de captar unha porcentaxe razoable do caudal de visitas que o Acuario move durante os meses de xullo e agosto e setembro.
Entendemos que adoece dunha xestión mínima que o poña en valor, para que o poida disfrutar todo o mundo, tanto veciños (todavía hai moitos que non o coñecen) como visitantes. Cun mínimo de planificación ten as condicións necesarias para ser un importante polo de atracción.
Observamos ademais moitas deficiencias (dalgunhas delas xa demos conta a principios do verán pero como é costume deste goberno non foron tidas en conta) que non axudan a que este espazo sexa todavía máis atractivo e que van na dirección contraria a tódalas promesas que este goberno ten feito.
- Non existe un só indicador en todo o termo municipal que diga como chegar ata o lugar.
- Os baños públicos levan meses pechados.
- O entorno está moi descoidado e non nos valen as desculpas das obras que se fan no lugar, falamos da maleza que o invade todo.
- Os horarios de visita non son uniformes. Aparece pechado en moitas ocasións.
- Non se aproveita a sinerxia que supón o Acuario (ubicado a 100 metros). Calculamos que non chega o 2% o número de visitantes que logo de visitar esta instalación recala no CIPES.
- O tan anunciado convenio cos barcos de pasaxe non funciona. Este ano ningún barco de pasaxe recalou no lugar e en anos anteriores a aportación foi mínima por non darlles un servizo axeitado.
Estes e algún datos máis poñen luz, ao pouco interese que este concello demostra na posta en funcionamento, no seguimento, e no aproveitamento das súas instalacións, máis alá dunhas notas de prensa anunciando actividades e convenios de todo tipo que logo se olvidan e non se cumpren.
Con este xeito de actuar e priorizar preguntámonos de que vale estar reclamando todo tipo de instalacións si logo lle damos este tratamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario