miércoles, 3 de noviembre de 2010

Máis POUSADA

No día de onte celebrouse unha xuntanza na Casa da Cultura, onde un pequeno grupo de veciños non queren deixar morrer o asunto da Pousada ou máis ben están a modular a súa postura inicial ante a evidencia do fracaso que os seus movementos tiveron na cidadanía e sobre todo entre os colectivos empresariais os cales, según eles, ía arruinar este asunto. Como sempre, retorcendo os asuntos con tal de sacarlle un mínimo de rédito político.

Empezaron coa "ruína para o sector que suporía habilitar o edificio do antigo sanatorio en Pousada", para agora dicir, que nin é competencia para o sector, que é unha oferta complementaria e que se alegran moito por dar cobertura ao colectivo de persoas con discapacidade. Iso o dicían fai oito días os promotores desta actuación e foron acusados de todo, por estes que agora predican tantas bendicións.

Seguiron con "é incompatible co obradoiro e van a levalo para Noalla. Tamén se acabarán os campamentos".
A Deputación, a delegación da Xunta e a Mancomunidade do Salnés, logo de escoitar os verdadeiros implicados no tema, CIT, Asoc. Hostalería e Emgrobes máis a CC.MM. San Vicente comprometéronse a que o obradoiro continuará na Lanzada namentres este tipo de accións formativas sexan subvencionadas pola Xunta. Os campamentos non só se manterán senón que serán ampliadas as súas prazas tal como fixo a Deputación nos últimos anos.Nestes momentos está a ampliar as instalacións dedicadas a este apartado.

O tema da titularidade dos terreos nos que asenta este complexo pasou tamén desde a "cesión veciñal, e que todo o proceso estaba viciado de nulidade, que era ilegal e nulo de pleno dereito" nunha autentica lección xurídica por parte dos que gratuitamente son capaces de facer afirmacións de todo tipo sen pórse colorados ata recoñecer que os terreos foron "vendidos" sen ningún tipo de condicións polo concello a Deputación no ano 1963. Esta parte da historia ocultábana e falaban de iniciar accións legais para recuperalos, sen ter en ningún momento en conta a opinión dos que nese caso serian legais titulares que son os comuneiros de San Vicente, nin as consecuencias que elo puidera ter para o concello. Ningún informe xurídico que avalase as súas gratuítas afirmacións.

Neste momento xa din que son eles os comuneiros os que deben iniciar accións que non é tema deles; pero por si acaso xa lle suxiren aos seus asociados que deben "achuchar" aos seus representantes para que fagan este traballo. Como sempre "moi dilixentes" e "moi demócratas" eles.

Parece que agora, e comprobado que o apoio "a súa movida" non cuaxou como esperaban, (falábase incluso de sacar a xente a rúa) "recollen velas" dicindo que o que de verdade lles preocupa e que se faga esta instalación precisamente nese lugar. Que se leve para outro sitio e si non se atopa, que se leve fora do Grove, que non pasa nada. Para elo brindan a man, falan de diálogo, etc. etc.

Como cambiou o conto con respecto a fai quince días!!!!!. Daquela todo eran declaracións altisonantes e nunha dirección determinada, chegaba unha hecatombe ao Grove, roubábannos o solo, manifestacións, etc. etc.

Alegrámonos moito deste cambio de rumbo, aínda que fora por motivos alleos aos da súa vontade, pero para tratar un tema destas características e cando se fala de convocar aos colectivos municipais, os partidos políticos (nos falamos do noso) somos posiblemente as entidades máis lexitimadas para calquera cuestión posto que estamos refrendados pola cidadanía o presentarnos a unhas eleccións (no caso do PP ademais, somos a organización municipal con maior número de asociados (militantes); preto de 640).
  • Como se pode deixar fora do tema aos políticos aducindo que esta é unha cuestión cidadá?
  • Que somos nós?. Máis que hipocrisía a que con esa actitude amosan estes señores, que habían "cocido" todo isto nunha xuntanza na semana anterior no mesmo escenario onde estaban, alcalde e dúas concelleiras do PSOE, dous membros de E.U., o tenente de alcalde e tres membros da súa formación política máis un par de persoas sen afiliación política coñecida.
  • Porqué, estes políticos si e os demais non?
Por si fora pouco preséntanse na xuntanza de onte (2 de novembro) cun manifesto pechado, sen dar a oportunidade de discutilo,consensualo,etc. O normal neste tipo de casos que participan distintos colectivos e tan dispares seria, logo de argumentar o que se pretende presentar, elaborar un documento-borrador no que os distintos interesados poidan dar o seu parecer e introducir algunha modificación ou mellora; pero iso alí foi imposible.
Os promotores do tema, solicitaron que se firmase e punto.
  • Non lles parece a estes señores que o Plan Xeral co que tanto bombardearon os cidadáns, os membros deste goberno, é un tema de máis interese co que están a tratar neste momento?
  • Non lles parece que a inacción deste goberno con respecto deste tema, merece a súa reprobación e cando menos dedicarlle a metade do tempo e esforzo que lle dedicaron a este asunto da Pousada?

No hay comentarios: