viernes, 5 de noviembre de 2010

Ao alcalde do Grove fáltalle credibilidade para amosar agora, preocupación polo eido urbanístico.

O POL non deixa de ser unha peza máis do puzzle que nunca intentou compoñer, a pesares da boa vontade mostrada por axentes sociais e forzas políticas para colaborar. O Plan Xeral é o traballo pendente polo que debe mostrar preocupación.

O Partido Popular de O Grove coincide en que o POL (Plan de Ordenación do Litoral) debe considerar certas singularidades que se dan no noso territorio e non ten dubidas de que este novo instrumento pode ser unha boa ferramenta para por en valor e protexer determinados espazos, ao tempo que debe facilitar o crecemento urbanístico noutros, onde as condicións actuais así o permitan e aconsellen e que sexan froito do consenso entre administracións e forzas políticas da corporación.

É por elo, que unha das nosas teimas durante o mandato que estamos a piques de rematar fora precisamente incidir na necesidade de contar cun documento que no eido urbanístico fora definitivo e nos alonxara da provisionalidade, na que dende fai anos nos atopamos. Para elo, fixemos múltiples ofrecementos ao alcalde no senso de colaborar nesta tarefa, pero nunca fomos escoitados.

Sorpresiva e desgraciadamente puidemos comprobar ao longo deste mandato que non puxeron o máis mínimo empeño neste traballo, que por outra banda foi, o detonante utilizado polos agora gobernantes , para no ano 2006 crear un movemento social importante, do que agora comprobamos, o que xa entonces este partido denunciou. Interesáballes unicamente crear un clima de crispación a conta da redacción daquel Plan Xeral, pero nunca como se comproba cinco anos despois, resolver o problema de fondo, que é contar cun planeamento no Grove.

Fallaron a toda aquela xente, abandonáronos e mentíronlles, posto que fai catro anos que teñen o poder e as ferramentas necesarias para levalo a cabo, e olvidáronse deliberadamente do asunto, protagonizando o acto de covardía política máis grande que nunca levou a cabo un gobernante no noso concello.

Chama a atención pois agora, esta repentina preocupación polo asuntos urbanísticos que intenta demostrar o noso alcalde, pero a confianza daqueles e outros moitos veciños neste goberno mudou moito por haber faltado a palabra dada.

A permanente preocupación de ir sacando temas adiante coa aplicación de Plans Especiais, e outras figuras urbanísticas imposibles, como o intentado no caso do Sineiro (que suporía meter a aqueles que utilizasen esa formula nunha total indefensión xurídica ) evidencian a falla de compromiso deste goberno que tan só intenta resolver problemas puntuais, problemas xenerados por eles mesmos, situacións de corto alcance e non se esforzan en resolver os principal problema que temos como pobo, como conxunto, que é a redacción dun Plan Xeral.

Unicamente e a pesar do tempo perdido, o pórse a traballar de verdade neste documento podería paliar en parte esa falla de credibilidade que merecidamente o máximo responsable deste goberno se gañou durante estes anos. Unha vez máis que saiba, que nese empeño si finalmente se decide nos lle van faltar compañeiros de viaxe.

No hay comentarios: