O Partido Popular de O Grove valora moi positivamente as aportacións realizadas pola diferentes asociacións culturais do noso concello, grazas as cales O Grove pode gozar dunha programación cultural que o concelleiro de cultura non é quen de planificar. Pero esa programación implica moitos gastos que, a gran maioria das veces, non poden ser soportados na súa totalidade polas diferentes asociacións.
Por ese motivo o luns 25 de outubro o Partido Popular do Grove levou a pleno unha moción coa finalidade que o goberno grovense publicara (por fín) antes de rematar o ano as bases de convocatoria de subvencións para asociacións sen ánimo de lucro. Esta moción non só foi rexeitada polo tripartito se non que o concelleiro do Partido Popular tivo que soportar a xa coñecida mala educación e verborrea do concelleiro de cultura, nun intento desesperado deste último de ocultar a súa ineficaz xestión .
Mascato falou moito pero dixo poucas verdades, de feito da súa boca tan só saiu unha verdade: en política os mentireiros cóllense pronto. E por ese motivo o PP de O Grove quere documentar todalas mentiras que nos contou este representante da cultura da nosa vila:
O concelleiro de cultura falta á verdade cando afirma que “as subvencións deste ano retrasáronse porque as asociacións así llo pediron xa que no ano 2009 se convocaron moi pronto e non lles deu tempo a programar as súas actividades”.
Realmente ou o concelleiro ten moi mala memoria ou ten un concepto equivocado do tempo xa que as subvencións dese ano 2009 foron publicadas no BOP do 19 de novembro e logo despóis de que o PP llo solicitara en varias ocasións, é decir, máis ou menos como este ano que andamos. En cambio o PP adoitaba publicalas no mes de febreiro, con tempo suficiente para que os colectivos fixeran a súa programación anual e tamén puideran contar cos fondos o antes posible.
Antón Mascato dixo que xa “mantivo unha xuntanza con todalas asociacións”, en tal caso manteria alguna xuntanza con alguna asociación en concreto. O PP estableceu contacto con varias asociacións que descoñecian por completo a existencia de dita xuntanza, o que demostra que o concelleiro de cultura non só falta a verdade se nón que tamén é sectario a hora de escoller as asociacións coas que xuntarse e despreza o resto do tecido asociativo do Grove.
O concelleiro de cultura falta de novo á verdade cando di que as bases propostas polo PP intentan beneficiar a unha determinada asociación. Todo o contrario xa que as bases ppropostas por este grupo municipal establecen as actividades subvencionables dun modo moi xeral: van dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual en todalas súas vertentes.
Sen embargo non se pode decir o mesmo das bases propostas polo concelleiro de cultura no 2009 que parecen dirixidas a actividades concretas de determinadas asociación como se pode comprobar na citada convocatoria do BOP.
Antón Mascato tamén afirmou que tan só unha asociación cobraba entrada por asistir a alguna actividade ao ano. De novo falta á verdade porque, como é lóxico, varias asociacións do Grove cobran entrada por asistencia aos seus espectáculos xa que é unha forma moi digna de autofinanciarse ante a desidia e desinterese do actual concelleiro. E esas asociacións recibiron importantes subvencións da concelleria sen negún tipo de problema pola súa parte. Polo que ou o concelleiro de cultura non se entera do que acontece coas actividades ou só se entera do que lle convén.
Tamén hai que dcir que, ao contrario do que afirma o concelleiro de cultura, a maior parte das asociacións sen ánimo de lucro do Grove que ofrecen talleres ou actividades para nenos e nenas, cobran unha pequena cantidade pola asistencia dos mesmos. Unha vez máis algo totalmente lóxico para poder sufragar os gastos das actividades e talleres que ofertan. O que xa non é tan lóxico é que algúns teñan que pagar tódolos meses polos locais que alugan e outros teñan o previlexio de utilizar os edificios públicos todo o ano cedidos, precisamente polo ecuánime Mascato.
En canto aos cartos recibidos por aluguer de equipos, actuacións na Festa do Marisco, etc. etc. como ben o concelleiro sabe, son varias as asociacións sen ánimo de lucro, que non empresas encubertas como vostede afirma, que cobran por esa clase de servizos. O que pasa é que unha vez máis vostede só conta o que lle interesa contar.
Vai o concello a denunciar a todas elas ante a Facenda cando é o propio concello quen lles paga por eses servizos prestados?
Poderiamos seguir enumerando as “non verdades” que adoita a decir o integro concelleiro de cultura do Grove. Pero cremos que este puñado xa amosa con suficiente claridade a credibilidade que pode ter. O único que nos queda por decir é que lle pedimos que cambie a súa actitude para con esta vila, que se poña a traballar “para todos” e así O Grove poida volver a gozar da programación cultural que merece, e non dos continuos despropósitos da súa singular xestión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario