Outra vez máis e van non sei cantas mil, o noso alcalde sigue coa súa teima de culpar de todo canto sucede no Grove a todo o mundo. Xa os hai que empezan a preguntarse para que queremos un concello e para que queremos un alcalde
Aquí todo se dirime votándolle as culpas a Louzán e ultimamente a Feijoo. Todo comezou co efecto desaloxador do 1 de marzo de 2009. Esa data quedará gravada a lume nas mentes de todos estes "demócratas" de boquilla que, aínda a día de hoxe, non son capaces de asimilar o que tan rotundamente o pobo galego lles dixo. Que estaban fartos de tanta hipocrisía, de tanta mentira e de tanta soberbia.!
O goberno grovense, e moi particularmente o seu alcalde, non foron alleos a todo iso porque coa súa actitude durante os dous primeiros anos de mandato contribuíron "como campións"a todo aquilo. O que viu nos seguintes meses está a ser o máis grande despropósito que se leva vivido na política grovense nos últimos anos.
Xa todos coñecen a lista de desaguisados nos que están especializando a sociedade grovense. De ter "saldado a débeda histórica co Grove" que nos regalou o alcalde en varias ocasións, cando se refería á xestión do presidente Touriño con respecto desta vila ata agora que está a reclamar tódolos días mañá e tarde, as infraestruturas que xa nos tiña convencido que estaban feitas. Pero en que quedamos?
Evidentemente, todo é culpa do PP. Xa non fago referencia ao capitulo "Pousada" porque este está en plena ebulición e merece tratamentos aparte.Sí quero fixar a vosa atención nas dúas últimas catástrofes que lles está a provocar a Deputación, a Xunta, "la mano negra que todo lo para" e a conxunción planetaria que noutros tempos rondaba a rúa Ferraz de Madrid.
COLEXIO PÚBLICO DE ROSALÍA.
Non sabemos ninguén, cando, como e onde a Xunta de Galicia lle prometeu a este home un novo colexio en Rosalía. Si foi na etapa do bipartito xa o empezamos a entender, pero namentres este estivo en Santiago non houbo problemas de ningún tipo e dende pouco tempo despois do cambio de goberno empezaron os problemas !!que casualidade!! neste colexio, que tal como o están a pintar parece que está caendo a cachos. As declaracións públicas (todas elas refrendadadas pola dirección do centro, que menuda responsabilidade tamén a desta directora) están feitas desde o máis inusitado alarmismo. Termos como "graves fallos estruturais", "periga a seguridade dos nosos fillos" "isto cáese" etc. etc. son os habituais. Si iso é así, si tal é o seu convencemento están tardando moito en pechar o colexio, porque vostedes, dirección e alcaldía son precisamente os responsables.
De seguro que ten ese colexio moitas melloras que facer, pero de aí a estar permanentemente alarmando á comunidade escolar vai un abismo e non atende máis que a irresponsabilidade de quen o fai.
En todo caso non pode ser a situación máis grave agora que fai ano e medio. Por que non se acordaron de poñer o grito no ceo daquela?
Ou este é un capitulo máis desa vertixinosa carreira (coidado como pegue unha topetada) hacia non se sabe onde?
Inclusive, para abondar máis no asunto, afirma machaconamente que a Xunta vai facer dous novos colexios en Cambados e claro, "que fagan un só e que traian o outro para aquí", "non o fan porque aquí goberna un socialista", etc. etc.
Sabían vostedes que iso que afirma unha e outra vez sobre os colexios de Cambados é mentira. En Cambados non se vai facer ningún colexio novo. O alcalde de alí estaría encantando de que así fose pero non ten ningunha noticia ao respecto, pero tampouco perderá o tempo en contestarlle ao de aquí porque o alcalde de Cambados ten responsabilidade e non está para perder o tempo como este.
Outra mentira máis que sumar á xa longa lista delas do amigo Cacabelos. A irresponsabilidade deste alcalde con ese catastrófico discurso que está a sumar na preocupación a moitos pais non se lle pode permitir e menos para que el (pero solo o pensa el) poda "pescar" un puñadiño de votos.
ESCOLA TALLER
Que ninguén nos interprete mal e se atreva a dicir que nós, o PP de O Grove non queremos un colexio novo; si claro que o queremos, pero as cousas son como son e non como as intenta contar este alcalde enganando a todo o mundo. Sí cando gobernaban os seus amigos e a situación de bonanza económica o permitía e ademais estaba "a caer" non o fixo ¿a que ben agora este lamentable espectáculo?.
Algo parecido pasa coa adxudicación da Escola Taller que parece que la "mano negra" tamén parou. Neste dous último anos na provincia de Pontevedra non se adxudican máis de cinco Obradoiros. En tempos foron oito, nove e incluso nalgunha ocasión dez, pero agora, cinco. Esa é a triste realidade da crises que estamos a padecer.
Deses cinco obradoiros, un é o da Lanzada (o famoso de hostalería), que xa o temos nós, no Grove, aínda que é mancomunado co resto de concellos do Salnés faise no Grove e xa non lles digo nada da polémica que se pretende formar si é que se fóra. Nós estamos de acordo en que ten que manterse aquí e así o defenderemos. Estupendo, xa temos un, (case fixo) que xa leva catro edicións ininterrompida celebrándose aquí no Grove (os obradoiros son dun ano) e logo pretendemos que dos catro que quedan, repito que para toda a provincia, outro máis sexa para aquí tamén. ¿non parece un pouquiño forte isto?. Afirma o alcalde a continuación que isto sucede logo de cinco anos de contar con el e podo o grito no ceo; e digo eu, ¿ e que pasa cos sesenta concellos restantes da provincia? ¿e que nunca o van a ter? tamén lles terá que tocar, non?. Sí de cinco que se adxudican entre máis de sesenta concellos resulta que un é fixo aquí (o de hostalería) e porque dispós de cinco anos tendo outro a maiores, este non nos toque, estamos ante algunha traxedia? vostedes dirán.
E logo disque a Xunta non daba absolutamente nada aquí. Quixeramos dunha vez por todas que este clima se paralizase, que nos invitasen a falar, que nos pediran colaboración, que estamos moi dispostos e o demostramos moitas veces pero vemos que isto radicalizase coa disparatada actitude deste alcalde que se está a descubrir como un autentico "holigan" da política que en nada está a axudar o seu concello.
Xa verán vostedes, como estas notas vanlle dar para saír arremetendo de novo coa teoría de "la mano negra" e dicindo que dende o PP non queremos que se faga nin un colexio novo no Grove nin que se nos de un Obradoiro. Pero, iso é o que temos e con elo temos que aguantar. Nós, unha vez máis tendémoslle a man para un debate sosegado que poña enriba da mesa os temas que de verdade son de interese para O Grove e ofertarlle o noso compromiso máis decidido. Namentres, saúdos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario