A depuradora de augas residuais, que foi un proxecto estrela deste goberno non exento de polémica (como todos os demais) adxudicouse finalmente, comezaron as obras, pero fai meses que a obra está totalmente parada.
Fai uns días que coñeciamos a través dos medios de comunicación a aprobación dun modificado do proxecto inicial que non sabemos si a pesares diso, desbloqueará Costas do Estado a paralización que das obras decretou por discorrer tuberias que deberan ir hacia a futura planta paralelas a praia e polo dominio público.
Como ninguén nos explica cal é a situación real deste proxecto e por outra banda si chegan queixas de propietarios do solo onde no proxecto modificado se prevé construír a planta, que observan como impunemente nos seus terreos se depositan escombros, se fan movementos de terras, en fin, como se invaden as súas propiedades sen ter acordado con eles absolutamente nada e polo que solicitamos explicacións do proceder do concello e da situación real da obra que a pesares de ser adxudicada fai aproximadamente ano e medio vai camiño de converterse noutro “caso Lampáns”.
Namentres no lugar, crece a preocupación posto que ante as queixas dos propietarios afectados retíranselle os escombros e deposítanse noutras propiedades aledañas aumentando así o número de afectados pola invasión dos seus terreos que non entenden que está a pasar nin a quen recorrer.
Ante esta situación as obras paráronse, existen propiedades privadas invadidas, algunhas con movementos de terras importantes e sigue sen estar clara a continuidade e remate deste proxecto que vostedes con tanta vehemencia empeñáronse en levar ata ese preciso lugar. É por elo que,
Preguntamos,
- Cal é a razón pola que non se pon a disposición da Xunta os terreos necesarios para o remate da obra?
- Cales son as xestións feitas cos propietarios para conquerir algún acordo?
- Qué previsións teñen de dispoñibilidade de terreos para que poidan continuar e rematar as obras?
- Qué foi daquela comisión de seguimento do proxecto onde participaban veciños e produtores? ¿Están informados desta situación?
Valedor do Pobo.
Non sei si esta de hoxe vai ser a terceira ou cuarta vez que me dirixo a vostede neste pleno para recordarlle que a documentación solicitada a este concello polo Valedor do Pobo non foi enviada todavía a este organismo, e de verdade que xa nos empeza a cansar o tema ao igual creo que a propia institución que a vista das notificacións recibidas, parece incluso que pode abrir algún expediente a este concello pola súa “non colaboración” ou “hostilidade” entre institucións.
Faga que a súa resposta de hoxe non se quede nunha máis, das tantas declaracións das que xa nos ten acostumados, que sempre quedan en nada e que esta semana si, sexa a que vai enviar a Santiago a documentación requirida.
Pregunta,
- Vai enviar por fin, a documentación requirida polo Valedor do Pobo?
No pasado ano e logo da celebración da Festa do Marisco, solicitamos unha relación de facturas da mesma, xa que no consello sectorial correspondente non seu deu conta nunca deste tipo de cousas a pesares de que, unha das prácticas máis habituais dos que agora gobernan foi sempre esixir as facturas e contas en edicións anteriores.
Hai hemeroteca dabondo para comprobar estes extremos. Topámonos cunha serie delas que nos chamaron a atención e que sospeitamos poden ocultar algunha que outra irregularidade. Arque o caso puidera ser considerado de menor contía, non por elo deixa de ser un reflexo do nepotismo o que tristemente nos están acostumando.
En concreto nos referimos a unhas facturas que se aprobaron por gastos da Festa do 2009.
A primeira, alcanza os 16.936 euros, expedida por unha determinada empresa (parece que de construción) que nos conceptos da mesma xustifica como “deseño, montaxe e coordinación do stand institucional” cando é de dominio público que estes traballos que nesa factura se describen foron levados a cabo por outra persoa por todos coñecida e que non acabamos de toparlle relación algunha coa empresa que presenta a factura. Sen embargo, pola persoa que si levou a cabo os traballos non atopamos que se presentase factura algunha.
Descoñecemos todavía si é o caso, pero desconfiamos que aqueles traballos foran levados a cabo gratis.
Co obxecto de ir aclarando este caso,
Preguntamos,
- Quen vai facer este ano os traballos de deseño, montaxe e coordinación do “stand” institucional?
- Vai ser a mesma empresa que o ano pasado?, ou
- Vai ser a mesma persoa que o fixo o ano pasado e que non sabemos si todavía pasou factura?
Outras das facturas que chamaron a atención foron as presentadas por unha empresa de Madrid por importes de 2.150 e 8.909,16 euros. Os conceptos polo que foron expedidas é según rezan as mesmas foi: !! xestión de relaciones públicas, protocolo, notas de prensa y relación con los medios !!.
Logo de facer unha serie de averigüacións e preguntas ninguén nos soubo contestar que cousas concretas fixo esta empresa.
Encontramos, por outra banda, que unha empresa local facturou ao concello polo concepto de relacións cos medios e gabinete de prensa, a cantidade de 1.392 euros, co cal non nos casa, case nada, e
Preguntamos,
- Cales son os servizos concretos que prestou esta empresa madrileña e en que actos?
- Está previsto nesta edición a contratación dun servizo destas características?, si é así,
Que se faga cunha empresa local, por razóns obvias e sobre todo porque como comprobamos é infinitamente máis barata.
No hay comentarios:
Publicar un comentario