lunes, 27 de septiembre de 2010

O PP do Grove presenta novas alegacións ao POL

O Partido Popular do Grove na reunión prevista para hoxe luns 27 de setembro, vai presentar unha serie de propostas de alegacións ao POL.

Estas propostas foron redactadas, unha vez analizado a documentación relativa ao POL, co obxectivo de ser aportadas ao documento conxunto que se realice desde o concello

Así mesmo, o Grupo Popular queremos amosar a nosa satisfacción polo feito de que na fase de avance do POL se recollera unha elevada porcentaxe das propostas realizadas polo PP do Grove. Esperamos que as novas propostas corran a mesma sorte

PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Proposta de alegacións ao POL no concello de O Grove.

Logo da xuntanza mantida o pasado mércores 22 de setembro na casa do concello para analizar o documento que nestes momentos esgota os días da exposición pública e logo de comprobar nun primeiro momento que as suxestións feitas na fase de avance foron tidas en conta nunha porcentaxe moi elevada, observamos que existen todavía algún erros que é conveniente modificar e novas apreciacións que entendemos deben ser presentadas a modo de alegación e que concretamos a continuación co obxecto de seren presentadas polo concello.

Protección ambiental

(Protección Intermareal e Protección costeira)

A protección neste ámbito aumentou considerablemente, aínda que a súa repercusión na practica non supón novas restricións porque o ámbito que abarca coincide co da Rede Natura 2000 e as limitacións que determina son practicamente as mesmas.

De calquera xeito, solicitamos que se revise minuciosamente o trazado para comprobar que non afecte a novas zonas. Referímonos a zonas que na actualidade estean fora do trazado da Rede Natura.

Nunha visualización rápida comprobamos que o núcleo da Igrexa en San Vicente aféctalle en parte a citada protección i elo vai en contra do solicitado na fase de avance onde pedíamos que tódolos núcleos se conservasen coa delimitación que teñen nas NN.SS.

Esta petición foi recollida incluíndo no núcleo as áreas de tolerancia (A.T.) excepto neste lugar, en que a protección parece introducirse no núcleo.

Revísese e solicítese a recollida do núcleo na totalidade.

Mención aparte merece a parcela de propiedade municipal da Illa da Toxa ( Z – 14 ) que a pesares de ser incluída dende o principio na Rede Natura, solicitamos insistir na súa desafección por ser un solo urbano produto das compensacións do Plan Parcial da Illa da Toxa do ano 1981.

En canto a “non recollida” suxestión na fase de avance de marcar como singular protección o Monte da Toxa, deberase solicitar de novo.

Espazos de interese.

Neste apartado houbo cambios máis significativos que nalgún deberán ser revisados.

No delimitado na zona Oeste (Cons da Garda e inmediacións do núcleo de San Vicente) observamos que nalgún punto a protección entra no núcleo; debe solicitarse a eliminación desa protección dentro do núcleo.

Que en ningún caso, estas novas proteccións entren no ámbito dos núcleos das NN.SS:

No Espazo de Interese marcado na área denominada como Con de Loureiro e Gatiñeira, observase como a protección rebasa a carretera de subida a Siradella dende Campos ata incluír na mesma a zona de naves industriais que existen no lugar.

Entendemos que neste lugar, debera ser a propia carretera o limite desa protección deixando fora da mesma a área onde están ubicadas as naves. Este espazo ao igual que a área de A Zapateira (onde se ubica o Punto Limpo e a zona de equipamentos contigua marcada nas NN.SS. deberase marcar como zona de “Ordenación” co obxecto de que nun futuro PXOM o concello poida establecer os usos deste solo.

Mellora ambiental e paisaxística

O espazo delimitado con esta calificación ocupa a maior parte do territorio que non dispón xa doutras proteccións.

Si ben é certo, que non incide nos núcleos rurais nin nos solos urbanos consolidados acapara o resto do territorio e entendemos que determinados espazos do mesmo deberamos reservalos con outra calificación a fin de que no futuro PXOM o concello poida ordenar máis convenientemente as súas necesidades.

O tipo de calificación do solo a que nos referimos é a calificada no POL como “Ordenación” e os ámbitos nos que deberá aplicarse serian os seguintes:
  • Na área do rural solicitamos que, aqueles espazos que na aprobación inicial do PXOM estaban calificados como ampliación de núcleo sexan recollidos no POL como solos “de Ordenación”.
  • No ámbito urbano, e de acordo o recollido no propio articulado do POL (artigo 63), onde di que coa fin de completar ou estruturar a malla urbana do concello pódense levar a cabo actuacións urbanísticas (de xeito excepcional e debidamente xustificadas), solicitamos que os espazos libres que quedan dentro da malla urbano do concello e que o POL marca como de Mellora Ambiental e Paisaxística pasen a calificarse como “de Ordenación”.
  • Na área de Campos, no espazo comprendido entre o núcleo do mesmo nome, o Altiño e a carretera que vai dende campos a Estonllo, deberase contemplar tamén a calificación “de Ordenación” en lugar da actual, posto que é un espazo cunha consolidación de vivendas alta e de seguro o desenrolo do futuro PXOM poderá ordenalo máis axeitadamente.
  • A mesma calificación “de Ordenación”, deberase reservar para o espazo de Paredes que vai dende o antigo vertedoiro de lixo ata a Escola Obradoiro ao longo da pista existente, coincidindo co marcado nas NN.SS. como “area dotacional” e que na actualidade conta cunha magnifica comunicación coa entrada do concello. O interese neste caso centrase precisamente no carácter dotacional que dende a aprobación das NN.SS. ten este espazo.
Co obxecto de que sirvan como contribución a un documento conxunto de contido si cabe máis amplo e de acorde o que entendemos como interese do concello facemos achega destas observacións para incluír como alegacións o Plan de Ordenación do Litoral que nestes momentos está rematando a súa exposición pública.

Todo elo sen menoscabo, de que poida sufrir modificacións que poidamos discutir e consensuar con aportacións doutros interesados.

No hay comentarios: