martes, 26 de octubre de 2010

A pesar das críticas doutros anos, O Certame de Habaneras volve a celebrarse debaixo “dun toldo”

Fotografía procedente de www.todogrove.com

Despois de que o Concelleiro de cultura criticase ano tras ano organización do Certame de Habaneras por parte do Partido Popular do Grove nunha das carpas da Festa do Marisco, finalmente o Certame volve a celebrase debaixo dun “toldo” dos instalados no Corgo.
Pola boca morre o peixe, no las hagas y no las veas ou a todo porco lle chega o seu San Martiño, son algunhas das frases populares que lle poderiamos dedicar ao heraldo da Cultura do tripartito
Foron varios os comunicados do señor Antón Mascato, ao longo destes tres anos, nos que arremetía brutalmente contra a organización do Certame de Habaneras que, recordemos, foi creado e consolidado polo Partido Popular do Grove nos seus anos de mandato. Os argumentos sempre eran os mesmos: a celebración do Certame de Habaneras nunha das carpas da Festa do Marisco instaladas no Corgo
Un exemplo desas críticas pode ser o seguinte publicado en Todogrove.com (http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1056 )
[…]certames como o das Habaneras, que con enorme indignidade o (des)goberno do Partido Popular local metía debaixo dun toldo no que petaban a chuvia e o vento, mentres os homes e mulleres das Corais deixaban alí a súa mellor vontade, arte e oficio, pelexando contra os elementos. Un exemplo máis do concepto de Cultura que teñen estes heraldos da incultura
Por iso non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa e regocijo ao ver que o señor Antón Mascato realiza precisamente, o que antes tanto criticaba. Si señores e señoras si, este ano podemos utilizar as propias verbas do Concelleiro para dicir que Antón Mascato meteu o “Certame de Habaneras” debaixo dun toldo no que petaban a chuvia e o vento mentres os homes e mulleres das Corais deixaban alí a súa mellor vontade, arte e oficio, pelexando contra os elementos. Pero, con algúns agravantes con respecto a anteriores edicións:
  • Esta ano as Corais non solo tiveron que pelexar contra os elementos naturais se non tamén contra o bullicio ocasionado porque o toldo onde se desenvolveu o Certame era a carpa institucional, un espazo compartido coa exposición oficial sen aillamento algún nin separación física entre as dúas zonas.
  • Se as anteriores condicións de toldo, elementos naturais e bullicio, xa complican as actuacións das corais, hai que engadirlle que o Concelleiro de Cultura (tan preocupado polo concepto de cultura do PP do Grove) esqueceuse de alugar megafonía e ampliación axeitadas para este tipo de eventos (detalle, entre outros moitos, do que si se preocupaba a Cultura do PP), tan só había un micro para a presentación do evento pero ningún para as actuacións das corais.

 Pero ainda hai máis, moitos de nos fomos testemuñas atónitas dun curioso espectáculo no que o propio Antón se desgañitaba, incluso micro en man, intentando poñer orden a grito limpo nese toldo, a todas luces insuficiente (caben pouco máis de 300 persoas) para acoller un Certame destas características, e onde a xente que visita as exposicións, como é lóxico, campa ás súas anchas polo propio recinto do Certame . Nin tan siquera tivo a deferencia ou ocorrencia de instalar unhas cadeiras no espazo que queda entre o escenario e as gradas, polo que a xente permanecía alí, ben sentada no chan, ben de pé, tapando a vista dos que estaban sentados nas gradas (e no chan) e ocasionando as correspondentes molestias e desorganización.
Ante esta insólita situación, o Partido Popular do Grove preguntámonos se o concelleiro de Cultura vai ter a dignidade de pedir desculpas polos insultos proferidos contra este grupo municipal e recoñecer que a súa (des)organización e improvisación supera con creces a “enorme indignidade” da que el nos culpaba
Así mesmo, descoñecemos cal é o concepto de cultura do que pode presumir o BNG despois de amosar día tras día a súa incapacidade para levar a cabo unha programación cultural digna e axeitada para unha vila como O Grove.
Señor Mascato, volvemos a recordarlle que ainda que vostede desmantelara a hemeroteca do Grove existen outras hemerotecas presenciais ou dixitais e que nelas queda constancia de que todo o que vostede faga ou diga.

No hay comentarios: