lunes, 20 de septiembre de 2010

O Partido Popular de O Grove pon ao descuberto outro dos habituais enganos do alcalde aos veciños.

O alumeado colocado na rúa Luís Seoane, un par de meses antes que o da rúa Castelao, non conta cos dispositivos de aforro enerxético, a pesares de ser algo imprescindible tal e como anunciou o rexedor para xustificar o cambio de farolas en Castelao.

O Grove, 20 de setembro de 2010.-

Todo o sucedido este verán en torno a rúa Castelao foi un innecesario despropósito que unicamente serviu para converter a rúa, e como consecuencia o centro urbano, nun caos circulatorio que tan só o alcalde deixou de percibir.

O cambio de farolas e mobiliario urbano tampouco estivo exento de todo tipo de críticas, nunha demostración de cales son as prioridades deste goberno que decidiu gastar 200.000 euros (33.000.000 -trinta e tres millóns- das antigas pesetas) en cambiar farolas e bancos que estaban en perfecto estado e funcionando sen ningún problema.

Gastar eses cartos nos tempos que corren e coas necesidades que todavía temos no concello é unha irresponsabilidade da que enseguida se deron conta a maioría dos veciños e criticárona fortemente.

Logo de comprobar o importante descontento que con esta innecesaria medida produciron, nun intento de parar as criticas que dende tódolos lados arreciaban, intentou o alcalde superar a situación a través de varios comunicados nos que o “aforro enerxético” era a gran desculpa.

Parecía un arma perfecta para parar o aluvión de criticas, sen reparar en que o aforro enerxético pódese conseguir coa simple instalación dun redutor de potencia e un cambio das bombillas por outras de baixo consumo en cada farola sen necesidade de cambiar estas e moito menos os bancos que non aportan nada de aforro e sen embargo si eran unha partida moi importante dentro do total do proxecto.

Agora o Partido Popular pon o descuberto outro máis dos enganos, das mentiras deste alcalde porque no seu afán de desviala atención do asunto olvidouse que na rúa Luís Seoane, onde colocaron novo alumeado un mes antes NON se instalaron farolas con dispositivos de baixo consumo que logo, un mes despois parece que era imprescindible para o aforro e para equilibrar as contas dos próximos anos que van ser moi duros.


  • Cómo explica isto, logo de saír os medios xustificando, facendo pedagoxía co aforro enerxético, que é unha medida imprescindible?

  • Cómo é que un mes antes na citada rúa non se fixo o mesmo?
Aprobamos que se tomen estas medidas, que se optimice o rendemento das nosas instalacións, é necesario o aforro e temos que incidir no mesmo pero non se nos pode tomar o pelo utilizando para tapar a metedura de pata que supuxo gastar os cartos que se gastaron en Castealo sen necesidade e sen que absolutamente ninguén solicitase un cambio desa natureza. Si iso fose así, por parte deste goberno ben puideron facelo mesmo, un mes antes na rúa Luís Seoane coa instalación que alí se instalou que carece destes dispositivos.

Aínda así, este goberno e o seu alcalde poden todavía resarcirse e emendar o erro acolléndose a proposta que dende aquí lles facemos.

O gasto dos primeiros 100.000 euros xa non teñen “volta de folla” porque a instalación está feita, pero os 100.000 restantes (que están todavía pendentes de executar) cambien o seu destino, deixando de pór farolas e bancos e substituír a inversión para colocar unicamente redutores de potencia e bombillas de baixo consumo alcanzando a contía prevista a moitas máis rúas do concello e así incrementar de verdade o aforro.

É algo que contaría co visto bo da poboación e por suposto que contará co apoio do Partido Popular.

No hay comentarios: