lunes, 20 de septiembre de 2010

De leria polo Corgo

Asustadiños estaban os nosos amigos cando tropezamos con eles a volta do habitual paseo polo muelle. Viñan que bufaban e non sabemos si polo calorciño que facía hoxe ou polo que viña comentando un deles respecto da xuntanza destes días atrás polo asunto do porto deportivo.

Menuda que armou o Miguelito coa súa visita a Portos fai un par de semanas!!!!!. Hai quen dicía que como el xa foi alcalde e sabe o que "joden" perdón, digo molestan este tipo de visitas (recordade aquelas de Touriño na Siradella que nos enteramos ao día seguinte e unhas cantas máis) foi a Santiago intencionadamente unicamente pa iso, pa molestar.

O asunto, comentaban estes amigos, era a reacción dun cacho do goberno grovense que logo de coñecer a invitación de Portos o alcalde para que pasase por alí, estes outros celáronse e tamén querían un pouquiño de protagonismo no asunto. Menudo fiera o ínclito Mascato (ese tio si un dia chega a traba ra lingua, Díos non o queira, morre envenenado), mira que é retorcido, as cousas que se lle ocorren, convocar unha xuntanza a espaldas do alcalde, coa intención de dicirlle a este o que ten que dicir e o que ten que facer. Por si fora pouco, tamén quen deben ir a Santiago con el. Non me quero imaxinar a cara que lle quedou cando o periodista do Faro lle chamou e lle dixo o que estaba a pasar, dicía o noso amigo aos compañeiros de paseo.

Era pa botalo fora do goberno dicíalle o máis novo do grupo, este tío non armou máis que lios deste tipo dende que está no concello. Créese máis listo que ninguén e desde que se lle acabou o tema da memoria histórica non está máis que a tocarlle os c........ a todo mundo.

Intercedeu un terceiro, que escoitaba moi atentamente e sentenciou, ¿e porque pasa todo isto? ¿quen o consinte?, porque o alcalde en vez de desculpalos unha vez máis non toma medidas, porque non se deixa xa de grandiosas declaracións nos periódicos que non valen pa nada e demostra que é o alcalde dun carajo dunha vez.

E que pensa que con manter esta situación e votarlle a culpa de todo á Xunta vai convencer a alguén? Porque non fixo todo o que lle reclama agora a estes cando estaban os seus?

Tomáronlle o pelo canto quixeron,os do PSOE e os do BNG. Polo que estamos a ver houbo cartos a esjalla, non foron capaces de arrincar nada para o pobo e agora resulta que é culpa destes que están ajora.

O conto, parece que soa ben, pero nós que xa temos uns cuantos anos, xo escoitamos moitas veces. É o mesmo de sempre, pero anóxame moito máis porque estes viñeron aquí coa bandeira da honrados, da participación, do traballo ben feito, de todo............ e resulta que menos que nunca e inda por riba montando espectáculos que son a vergoña da comarca. Que se vaian dunha ves e nos deixen en paz.

E con estas chegaron ata diante do Buenos Aires onde ían tomar un chiquito, que é domingo, que ven o merecen e que facía un "sol de carallo".

No hay comentarios: