Fotografía procedente de www.todogrove.com
MIGUEL ÁNGEL PÉREZ GARCÍA, provisto do ------, con domicilio a efectos de notificación na rúa ----------- de O Grove e en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular,
EXPÓN,
Que foi dunha gran extrañeza e todavía non alcanzamos a comprender ben cal é ou cales són as verdadeiras causas que motivan neste momento o levar a cabo a consulta á que fai referencia o ANUNCIO do acordo tomado na Xunta de Goberno do 10 de agosto pasado, e cuio ASUNTO, reza da seguinte maneira,
CONSULTA EN RELACIÓN Ó CAMBIO DE CRITERIO RESPECTO Á APLICACIÓN DO DECRETO 208/2002 DE 20 DE XUÑO (ORDENANZA 6º) Á ZONA DELIMITADA POLO PLAN ESPECIAL DO SINEIRO.
Estrañeza causada polo anuncio en sí e porque temos todalas reservas, en canto a que o pretendido no mesmo sexa posible levar a cabo por parte do concello o carecer pensamos, de capacidade legal e competencial para elo.
Son moitas as dúbidas que nos asaltan ademáis, porque o goberno de O Grove co seu alcalde a cabeza xa demostrou sobradamente o nulo interés que teñen polos asuntos urbanísticos.
Si o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) pasou de ser a bandeira destes grupos políticos durante a precampaña e campaña electoral do 2007, foi logo o fin no cál basearon a necesidade de xuntarse para formar goberno primeiro e para “rexenerar” a vida política grovense despóis e todo esto repetido machaconamente por eles, pero co decepcionante resultado que todolos vecinos do Grove coñecemos. Supomos por tanto, que non pretenderán convencernos agora que están preocupadisimos polo que está a pasar co Plan Especial do Sineiro.
O seu intencionado olvido deste campo, o demostran agora tamén, o non prestar atención algunha a asuntos tán importantes para O Grove como poden ser as Directrices de Ordenación do Territorio, das que non sabemos si non presentaron alegacións por lles gustaron moito e pensan que esas directrices son as máis interesantes para O Grove ou simplemente deixaron pasar o trámite porque “é un tocho así………de gordo” como dixo o alcalde nun pleno a preguntas da oposición. O certo é que esta corporación NUNCA tratou este asunto cos membros da oposición e dubidamos que entre eles.
Outro exemplo é o sucedido co Plan do Litoral, que empezaron decindo (nos medios como sempre) que era a liquidación do Grove, logo a Xunta lles ofertou colaboración e dialogo que nunca utilizaron, tiveron que ser colectivos sociais preocupados polo asunto quenes forzaran que nos sentásemos a falar do asunto e tratar de consensuar unas alegacións, agora mesmo está o POL en fase de exposición pública (nos próximos dias remata un plazo de dous meses dado pola Xunta) e todavía non chamaron a ninguén para falar do tema a pesares das promesas de que o ian facer e tamén, de adxuntarnos informes do equipo redactor que todavía non entregaron.
Sobran explicacións do deambular deste goberno e deste alcalde con respecto do PXOM e do urbanismo en xeral como para agora non sospeitar das verdadeiras intencións que detrás deste ANUNCIO se agochan, i é por elo que,
SOLICITAMOS do goberno, que de xeito URXENTE, nos aclare esta situación contestando as seguintes preguntas,
- Por qué toma o goberno esta decisión, neste momento, logo de tres anos e medio sen facer nada, si con un simple anuncio se arranxaba o asunto?
- Van dar licenzas no ámbito do Plan Especial do Sineiro a partires do cumplimento do plazo (15 dias) que no ANUNCIO dá o concello?
- Qué garantías xuridicas dá o concello a aqueles interesados que obteñan licenzas neste ámbito?
- Incurriria o concello nalgunha responsabilidade patrimonial si otorga licenzas neste lugar e logo son suspendidas por algún outro organismo superior?
- Porque se toma esta medida precisamente neste ámbito e non, nos demáis (na mesma situación existen uns cuantos espazos ademáis deste) Plans Especiais e Estudos de Detale suspendidos polo decreto mencionado, no resto do concello?
- Por qué non se informa os interesados deste cambio de rexime na aplicación da normativa no ámbito do Sineiro?
- É o órgano o que se dirixen (Axencia da Legalidade Urbanistica) o competente para, autorizar ou non, o que se pretende?, e sobre todo,
- É o concello de O Grove, competente para tomar a medida que se anuncia? ¿Ten capacidade legal para elo?
Ademáis da contestación as preguntas que facemos neste escrito e pensando nas posibles responsabilidades nas que o concello poidera incurrir coa aplicación desta medida,
SOLICITAMOS,
1º Informe dos servizos xuridicos do concello que nos aclaren si este, é competente para tomar esta medida.
2º Que namentres non coñezamos a conclusión do mesmo, non se poña en marcha a aplicación do punto 2 do acordo de Xunta de Goberno (do 10 de agosto de 2010) en relación o cambio de criterio na aplicación do decreto 208/2002 de 20 de xuño no que se refire a aplicación de ordenanza no ámbito do Sineiro.
Documentos:
Documentos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario