O Grove, 26 de agosto de 2010.-
Pouco tempo despois de coñecer o destino que o goberno grovense decidiu aplicar os fondos do Plan E II, o Partido Popular de O Grove denunciou publicamente a decisión de dedicar 100.000 euros daqueles fondos a cambiar as farolas e bancos da rúa Castelao.
Sen entrar a valorar si son máis ou menos bonitas cas anteriores posto que iso é unha cuestión de gustos e non ten maior importancia nestes momentos, o que si é valorable dende un punto de vista político e así o fixemos foi, considerar esa inversión como un despilfarro, unha innecesaria inversión nos momentos que estamos a vivir por múltiples razóns.
Continuamente escoitamos por parte de membros do goberno queixas pola falla de recursos para acometer inversións e non nos constan queixas de ningún tipo acerca do que había instalado, nin que ninguén suxerise sequera o seu cambio. Sen embargo si está na mente de todos, lugares onde investir eses cartos que non dispoñen sequera de luz nin bancos ou, en accións doutro tipo as que dedicar eses fondos.
Esta visión é compartida por moitos veciños como así puidemos escoitar durante este verán, ante o que consideran como unha das inversións máis inútiles que se fixeron nunca neste concello.
Concluíndo, que nos tempos que corren cunha crises galopante, co goberno do Estado presidido polo sr. Zapatero esixíndolle aos concellos que lle devolvan cartos por culpa da mala xestión que ven facendo dende Madrid, non parece que este sexa o xeito máis axeitado de gastar os cartos dos que dispoñen os concellos.
É por elo, que para constatar este feito que ao noso partido lle pareceu un despilfarro fixemos, a través do noso blog na rede unha enquisa que deu o seguinte resultado a pregunta de,
Parécelle unha boa medida gastar 200.000 euros en cambiar as farolas da rúa Castelao?, coas posibles respostas,
• Si, faille moita falla………………………………………….. 4%• Non, temos outra prioridades……………………………… 96%
• Supoñen un “toque” de modernidade que vai beneficiar moitísimo os comercios do lugar…………… 0%
Os resultados son moi clarificadores de cal é a opinión dos interesados, agora que os responsables extraian conclusións.
Falamos na pregunta de 200.000 euros (ata o de agora gastáronse 100.000 do Plan E II) porque é intención do goberno dedicar outros 100.000 solicitados a Xunta no Fondo de Cooperación Local a esta mesma función.
No hay comentarios:
Publicar un comentario