miércoles, 25 de agosto de 2010

Sen programación da Festa do Marisco

Remata o verán, os visitantes volven aos seus destinos de orixe e non poden contar coa programación da Festa do Marisco.

Responsables do sector quéixanse de non contar a estas alturas, coa programación que recorde os visitantes a marisqueira cita de outubro.

O Grove, 25 de agosto de 2010.-

Estamos a rematar o mes de máxima ocupación hoteleira no concello de O Grove e na comarca (agosto) asistindo nos últimos días a unha baixada moi importante dos visitantes, que de seguro, chegado o próximo fin de semana será moito máis ostensible.

O comentario ven a colación porque membros do Partido Popular de O Grove puideron comprobar nos días que van de semana como na oficina de información turística do concello i en distintos establecementos de hostalería non contan todavía coa programación da Festa do Marisco, que está a ser demandada tanto polos responsables destes establecementos como polos visitantes que se están a marchar sen poder levar con eles esa importante información.

Dentro das accións de promoción que o noso concello levou a cabo durante anos e que funcionou moi ben estaba, o editar e comezar a súa distribución no mes de xaneiro (aproveitando FITUR, 1ª feira do ano en Madrid e logo nas seguintes) un avance da programación da Festa do Marisco que este goberno deixou de facer.

No verán tíñase pechado o programa e durante o mesmo o propio concello o distribuía ademais de na súa oficina de información, na da Asociación de Hostalería e nos establecementos hoteleiros do concello para que estes fixeran unha distribución masiva, aproveitando o caudal de visitantes que cada verán nos visitan, co obxecto de recordarlles a celebración da Festa en outubro. Isto tamén se deixou de facer i é algo que puidemos comprobar nestes días que estes establecementos votan en falla, por canto é unha demanda de moitos visitantes.

Volvendo a situación da que falamos fai semanas ao respecto da lamentable situación do consello sectorial do turismo, demostrase a intencionada inutilidade que este goberno lle deu dende o principio.

Asuntos como este puideran perfectamente tratarse no mesmo e aportacións dos colectivos implicados puideran cando menos escoitarse e decidir sobre a súa idoneidade ou non.

O ano santo está a supor un caudal de visitantes a Galicia que non se está a aproveitar de ningún xeito. O simple reparto destes programas (se foran feitos en tempo) nos albergues do camiño de Santiago sería unha promoción cun efecto multiplicador brutal e o mesmo tempo baratísima.

O poñer un punto de información permanente en Santiago durante o verán (podería ser outra das formulas interesantes) e non moi custosas para promocionarnos. A falla do programa fixo imposible tamén, o poder telo nas oficinas de información da comarca e das principais cidades galegas e do norte portugués, coas que sempre tivemos colaboración, pero o noso alcalde prefire non facer nada e dedicarse a arremeter e responsabilizar de toda a súa ineficacia aos demais.

Non só abandonaron a promoción turística do noso concello dende o principio do mandato deixando de acudir as feiras; nin sequera enviando material promocional, senón que tampouco son capaces de aproveitar o caudal de persoas que durante o verán pasan as súas vacacións no Grove e que nos visitan, para promocionar un evento como a Festa do Marisco, que a un mes do seu inicio todavia non conta co seu programa impreso a disposición dos interesados.

Curiosamente este ano que se caracteriza pola eliminación de actividades xa consolidadas e debera ser máis doado ter todo a punto, é cando máis demostran a súa ineficacia para xestionar en tempo o evento, a pesares da continua colaboración ofertada polos demais membros do consello sectorial, os que están empeñados en non escoitar.

No hay comentarios: