lunes, 21 de junio de 2010

A apertura ou non apertura da biblioteca municipal

Vaia semaniña". Así se refería un dos habituais contertulios do Corgo recordando todo "afaire" da casa da cultura ao longo da semana, namentres acendía un pitillo.
A cousa comezou coa queixa (que nestes anos foi moi habitual) dos usuarios da biblioteca ao toparse coa porta deste local pechada.
Rapidamente, o kultureta apresurose a laiarse de que non dispoñía de medios para facelo doutra maneira, que non había xente, que para abrir sen profesionais mellor pechar, etc, etc.
No seguinte día, o alcalde cun arranque parecía que enérxico di que iso non pode ser así e que lle vai pedir explicacións o concelleiro.
Logo replica este que el non pode facer máis, logo o alcalde, logo o concelleiro, logo......................................... UNHA VERDADEIRA VERGOÑA. Ao final, vendo a estes dous que son os que teñen que arranxar o asunto, nesta actitude, quen lera eses días o periódico acababa sentíndose el mesmo culpable da situación, xa que eles xogaban a quen era o que tiña a razón e namentres os días pasaban cos interesados a porta.

Vaia dous fenómenos nos tocou desta volta, dicía outro deles. Resulta, que a biblioteca ía ser "a estrela" do mandato, non ía haber horas no día que chegaran para dar servizo aos usuarios, isto non é un almacén de libros é un centro de coñecemento dicíanos o kultureta, ídesvos a enteirar do que é xestionar unha biblioteca. Asoballounos durante un tempo no que namentres acosaba as traballadoras do centro porque parece que non son da corda del, votáballe as culpas a Xan Lamelas cando fallaba algo e así foron sucedéndose os meses. Meses nos que curiosamente nunca se falou tanto da biblioteca pero para mal.
Incidentes como este foron moi frecuentes e aquilo que ía ser a xestión máis brillante que nunca vir O Grove converteuse nun pesadelo para o concelleiro pero sobre todo para os usuarios deste centro.

Dicía tamén o noso amigo que o máis estraño do asunto é que ao noso alcalde non se lle ocorrera desta volta largarlle as culpas a Louzán ou postos a Feijoó; que máis dá.
Imaxinádevos, "La culpa es de Pérez y del PP local que continuamente están entorpeciendo nuestra labor y fueron a hablar con la Diputación para que no nos enviara un par de bibliotecari@s".

No hay comentarios: