O que ía ser a “estrela” da xestión do cuatripartito, converteuse no faimerrir do Salnés.
O Grove, 22 de xuño de 2010.-
Calquera veciño ou veciña de O Grove se puido sentir avergoñado ao ler estes días a prensa, pero é que o asunto non era para menos.
Calquera veciño ou veciña de O Grove se puido sentir avergoñado ao ler estes días a prensa, pero é que o asunto non era para menos.
A biblioteca municipal de O Grove, noutros tempos noticia por acadar premios e ofrecer servizos e actividades, foi noticia unha vez máis polo seu pésimo funcionamento debido á lamentable e incompetente xestión dos actuais gobernantes. Os propios usuarios destes servizos, indignados coa situación, acudiron á prensa para amosar as súas queixas e o seu malestar ante a inacción e a mala praxes dun goberno máis preocupado por criticar e enfrontarse ao Partido Popular que por resolver os problemas dos veciños e veciñas de O Grove.
Pero aí non acaba a cousa xa que ademais, tivemos que asistir a un bochornoso espectáculo de declaración cruzadas entre o señor Cacabelos e o señor Mascato, quizás nunha mostra da escasa comunicación e entendemento existente entre os membros do tripartito, que gastaron o seu tempo (pagado por todos nós) en recorrer aos medios de comunicación, nunha vergoñenta loita de egos, para enviarse mensaxes en troques de sentarse a solucionar o problema de apertura das instalacións da biblioteca.
Se, como dicía o señor González, “rectificar es de sabios pero hacerlo todos los días es de necios”, o que fixeron o alcalde e o concelleiro de cultura non ten nome:
- O mércores o alcalde saía pedindo explicacións a Mascato
- O xoves Mascato expoñía nun medio as súas queixas pola carencia de persoal e dicindo que prefería pechar que abrir en precario con xente non cualificada. Vese que ese home a única memoria que ten é a histórica porque non se lembra de que el mesmo puxo atendendo ese servizo xente, seguramente moi cualificada nas súas profesións, pero totalmente alleos ao mundo da biblioteconomía: unha auxiliar de policía embarazada ou voluntarios de protección civil entre outros moitos, das máis variadas procedencias.
- Namentres Mascato se desculpaba como podía, pois xa non tiña a Xan Lamelas para culpalo de todo, Cacabelos aproveitaba para saír noutro medio dicindo que iso non era escusa e pedindo explicacións unha vez máis.
- O venres, o alcalde dicía que se ían tomar as medidas precisas para que non voltara a suceder e volvía pedir explicacións ao concelleiro de cultura.
- Finalmente o sábado o alcalde rectificaba e enviaba un comunicado para ofrecer a información de que esta semana a biblioteca ía abrir novamente só de tarde.
- Pero o domingo o señor Mascato, unha vez máis, contradicía ao alcalde e afirmaba que se ía prestar o servizo en horario completo.
E así, uns polos outros e a casa sen varrer. Namentres estes dous grandes políticos da nosa vila se batían en duelo na prensa, os estudantes seguían a facer cola ante as portas pechadas da Casa da Cultura.
Debemos recordar que a biblioteca municipal foi un dos proxectos “estrela” da concellería de cultura que anunciou a bombo e platillo unha chea de reformas que se ían facer para “acadar unha biblioteca digna para O Grove” (nós pensábamos que xa a tiñamos), en ampliación de horarios e persoal, incremento dos fondos, traslado da Biblioteca González Millán para facer unha sala especializada, etc. etc.
Pero, a única medida que tomou esta concellería foi intentar ampliar o horario porque, segundo dicía el “no goberno do PP non se abría polas tardes” (mentira, como outras tantas).
A realidade é moi distinta do que nos quere facer ver o concelleiro, xa que foi precisamente nestes tres anos de goberno cuatri-partito cando a biblioteca estivo pechada aos usuarios en numerosas ocasións, feito que nunca antes acontecera. Os veciños e veciñas de O Grove teñen esperado moitísimas veces á porta da Casa da Cultura sen que ninguén lles abrirá as instalacións e sen recibir explicación algunha por parte do concello, sobre todo en época de exámenes, cando os estudantes máis necesitan estudar, consultar bibliografía e acceder a Internet para os seus traballos e estudos.
Se a todo o dito engadimos outra serie de despropósitos como o peche da sala de ordenadores, o mal funcionamento da rede wifi, o desmantelamento da hemeroteca, o feito de que non se adquiriron libros para a biblioteca nos últimos tres anos, que a biblioteca González Millán non se lle ve nin se espera, etc. podemos facer balance da xestión da Casa da Cultura, (que foi posta como obxectivo) nos últimos anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario