Parece obedecer máis, a impulsos e a tratar de facer ver que se toman decisión, que se fan cousas, que a prestar novos servizos e solucionar algún problema. O tráfico no Grove pode empeorar notablemente.
O Grove, 14 de maio de 2010.-
En días pasados o Partido Popular do Grove dirixiuse ao alcalde co obxecto de que o convocase a unha Xunta de Voceiros na que se lles informe das medidas anunciadas nos medios de comunicación, de cambios no tráfico en distintas rúas e peonalizacións no noso concello.
Ao igual que denunciaron os empresarios, os grupos políticos da oposición tampouco fomos informados nin moito menos consultados destes cambios que parece, poden ser transcendentes.
Este grupo político ten demostrado sobradamente o seu posicionamento con respecto as peonalizacións; somos partidarios das mesmas, pero feitas con sentido e valorando tódolos aspectos que nas mesmas se dan,
Analizando as vantaxes que poden traer e as problemáticas que poden provocar para finalmente tomar a decisión máis axeitada e convinte para o conxunto da cidadanía.
Pensamos neste caso, que este traballo non se fixo e obedece máis ben a un impulso de querer contentar a alguén sen ter en conta o beneficio global do concello. Elo o demostra a imprevisión que continuamente demostraron ao executar a obra recoñecendo que non sabían que ían facer ao final, si manter o tráfico ou peonalizar.
Isto trouxo consigo un tratamento moi desigual no remate da obra que nin é armónica e si dá un trato desigual dende o punto de vista co cal se pretende xustificar agora a decisión, que é o formar parte este lugar do Centro Comercial Aberto.
Sendo así, ¿Por qué se dá un tratamento tan distinto, según en que lado da rúa te sitúes? ¿Por qué nun tramo da rúa se fai un carril de circulación de vehículos asfaltado cando se di que é peonil e no resto se pavimenta con pedra e lousa? ¿existen veciños e comerciantes de 1ª e de 2ª na rúa Luís Seoane?.
O tempo será quen dea e quite razón pero a decisión tomada parece destinada ao fracaso e non en vano fai anos que a formula proposta agora para Castelao xa foi cambiada. De igual xeito non se deu a coñecer tampouco alternativa o tráfico que ata o de agora usaba a rúa Luís Seoane.
A medida todo indica que é precipitada, sen criterio técnico e os principais afectados pola mesma, veciños, comerciantes e representantes dos mesmos non foron tidos en conta.
Chama a atención sobre todo que non se dispoña dun estudo que aconselle esta decisión. Nin a Policía (que é a verdadeira coñecedora dos movementos de coches e peóns) nin algún equipo técnico emitiron informe ao respecto no que apoiarse.
Solicitamos por tanto do alcalde, tal e como fixemos fai uns días por escrito, que nos convoque a unha xuntanza cos actores nomeados (técnicos municipais, policía local e representantes comerciais) a fin de que se estuden as decisións máis convintes, respaldadas polos informes técnicos adecuados e se dea o maior respaldo posible a solución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario