Algunha das partidas incluídas no proxecto ofrece dubidas con respecto aos prezos e outras anunciadas na memoria do mesmo non aparecen.
O Grove, 15 de maio de 2010.
Baixo a denominación “ MEJORA DE LA RED DE ABASTECIMIENTO DE AGUA Y SERVICIOS EN CAMINO GANDARIÑA-REBOREDO” por un importe de 57.949,19 euros e baixo o paraugas do Plan de Sostenibilidade, o concello de O Grove planificou e en días pasados levou a cabo esta obra , na que se aprecian moitas irregularidades das que pedirán explicacións ao alcalde.
O titulo do proxecto non se corresponde para nada co alí executado, xa que fala da mellora na rede de abastecemento de auga i esta non sufriu ningún cambio, non foi tocada. Fala tamén da mellora dos servizos e non sabemos de cales, posto que alí nin se tocou ningún nin se fixo ningún novo.
Comprobada a memoria deste proxecto fala da instalación dunha rede de augas pluviais xustificando a súa necesidade no gasto que supón a mezcla destas augas coas fecais e a súa posterior depuración; apreciación esta que é certa pero a tubería en cuestión non foi instalada.
A obra en si, consistiu nun simple asfaltado do camiño que tamén ofrece dúbidas posto que a previsión de gasto por importe de casque 58.000 euros parece esaxerado, máxime cando na memoria do proxecto fala de instalar servizos que na práctica non foron executados e os prezos estipulados parecen estar fora dos parámetros do mercado.
Ante as dúbidas que a execución deste proxecto ofrece, o Partido Popular de O Grove que ao igual que varios veciños do lugar postos en contacto con nós e que tamén están preocupados pola desproporción entre o proxectado, o contratado e o executado, solicitará información e explicacións detalladas sobre estas circunstancias que xa están pondo na picota unha obra máis deste goberno, no que parece un claro proceder irregular que por outra banda xa se está a converter para desgraza deste concello no habitual e único deste alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario