Escoitase polo Corgo estes días que se nota a cercanía das eleccións municipais, sobre todo pola inusitada verborrea do noso alcalde que non para denunciar calquera cousa, de atrancar todo o que poida as demais administracións, de "dicirlles" o que teñen que facer, como, cando e onde teñen que gastar, etc. Namentres a el lle pasan os días, esgotase o seu período e non vemos que as cousas mellorasen un pouquiño. Iso si, non lle restaremos o mérito de colocar ao Grove á cabeza da crispación na nosa comarca.
Esta percepción tense máis alá do Corgo, en calquera lado o comentario é a situación de desgoberno, de falta de dirección política, de plantexamentos equivocados, de desprezo dos sectores sociais i empresariais da vila, a non ser que comulguen con algún dos postulados que eles levan a cabo, e así tristemente pasaran os meses que faltan ata acabar o mandato coa única excepción de que acrecentarán deliberadamente o tono de crispación ata xa veremos onde.
A última do noso alcalde, que un xa non sabe que pensar acerca destas tolemias, é saudar a magnifica noticia que coñecemos o domingo ao respecto do inicio dos estudos ambientais para o desdobramento da vía rápida do Salnés ata O Grove, da maneira que hoxe coñecemos nos medios de comunicación. Non sabemos si realmente se alegra ou si o anuncio lle produciu "urticaria" porque non o podía facer un "dos deles".
Primeiro que todo estaba listo (polo bipartito), logo que este goberno nona quería facer (que tiña parado todo), e agora que?........ pois que todo é unha cortina de fume para tapar outros asuntos; non sei se será porque xa fai moitas lúas que nós decatamos das eivas deste gobernante noso e podemos estar mediatizados á hora de xulgalo ou realmente este despropósito de declaracións atende a algunha sintomatoloxía concreta que descoñecemos.
De ser así o asunto é moi grave e debería "hacerselo mirar". Houbo outro gobernante (fidalgo el) que tamén comezou con este tipo de desvaríos e o final vía pantasmas por tódolos lados, (xigantes onde había muíños e cousas parecidas). Nin isto é a Mancha, nin O Grove pode estar permanentemente "manchado" pola pobre xestión levada a cabo (que iso puidera ser desculpado posto que todos somos humanos e tamén nos equivocamos) pero non pode sufrir máis as consecuencias dunha deliberada visión da política tan mezquina, tan desafortunada e tan en contra do sentido común.
Afortunadamente, noutras institucións contamos con persoas responsables que non se van deixar caer nestas pueriles trampas e aínda que sexa pouco a pouco (a situación herdada dos compañeiros do alcalde, daquel triste bipartito é como para botarse as mans a cabeza) van ir poñendo as cousas no seu sitio, no Grove tamén. Namentres si elo dá, para que o noso alcalde siga tendo ocorrencias como a de hoxe, e si así é feliz, tamén nos daremos por satisfeitos, aínda que o obxectivo, que xa vemos que non é do del, será facer felices os veciños do Grove.
No hay comentarios:
Publicar un comentario