jueves, 29 de abril de 2010

Cousas veredes

Non sei quen dicía isto, pero a verdade é que si, que cousas veredes.
Quen nos ía dicir fai un mes atrás este despendole do Sr. Lamelas arremetendo contra o goberno? Si fai aínda uns poucos meses con motivo dun debate na tele do Salnés onde se analizaba o transcorrer do goberno cuatripartito durante estes anos dicía que todo era marabilloso, que todo estaba ben feito, que pena lle daban aqueles que tiñan vaticinado a ruptura do goberno y eles (os catro) demostraran que seguían a gobernar xuntos, que todo funcionaba marabillosamente, que se querían moito e que os da dereita (coma sempre) eran os opresores, os agoreros,etc.etc. E que comprensivo se mostraba o alcalde dicindo a todo que si, dáballe a razón, facía eloxios do seu labor, etc,etc.
E resulta que agora o Xan arrebátalle o discurso ao PP. Parece que as notas que envía ultimamente aos medios, foron rescatadas das que ven mandando o PP dende sempre. !!!!!!!!!! VIVIR, PARA VER !!!!!!!!!!!!!!!!.
E que me decides do alcalde? Ata o outro día todo canto facía o Xanciño lle parecía ben, e agora resulta que é un desastre, que tiña todo patas arriba, que tiña as súas responsabilidades desatendidas, etc, etc. Pero aínda se deu conta agora este filliño?
Fai uns días, cando saíron eses primeiros raiños de sol que invitaban a pasear polo muelle topeime cos de sempre. Non volo quixen contar porque iades dicir que outra vez este pesado, que conta sempre as cousas en contra do goberno, pero a verdade, aínda que o discurso non cambia moito nos últimos meses, !!! teñen máis razón ca santos !!! i é que non dan unha a dereitas. A quen se lle ocorre buscar de novo enfrontamentos, con quen debemos estar a procurar entendementos para conquerir cousas para O Grove?. Non queren nin de coña, que veña un peso para O Grove, dicía o que levaba a voz cantante. Fixérono tan mal que xa o asumen e teñen como única meta facerse as vítimas para dar pena e a ver se así lles votamos de novo.
A verdade, a reflexión aínda que moi sinxela, moi básica, debe ser certa porque semellante despropósito de maneira de gobernar xa non se lle ocorre a ninguén. De verdade, QUE É DIFICIL FACELO PEOR.
O único consuelo que nos queda é que isto vai rematando, que xa só falta un ano. A ver si cun pouquiño de sorte facemos un saldo como nas autonómicas e polo prezo de un votamos a dous. A este, mailo de Madrid.

No hay comentarios: