Pechamos xa, a enquisa que durante uns días tivemos a disposición daqueles que nos visitan e os resultados non puideron ser máis concluíntes: A pregunta de si é necesario un "liberado" máis como pretende o noso alcalde para dar satisfacción as pretensións de Esquerda Unida , os nosos visitantes non pensan de maneira distinta do que di a rúa. REXEITANO, e de que maneira.
O 70% das respostas di que é totalmente innecesario. O 26% di que lle quiten o soldo a Besada e que llo dean ao novo liberado e tan só un 4% pensa que si é necesario porque Xan Lamelas te moito traballo.
Creemos que sobran os comentarios, pero non por elo debemos deixar pasar por alto os resultados e nos resistimos a calar. Os veciños de O Grove, están fartos de que lle tomen o pelo. Que a primeira de cambio, tres deles se puxeran un magnifico soldo xa non gustou a ninguén, pero que a estas alturas, coa sangría de parados que temos tódolos días, co que demostraron os que cobran (que non faría calquera de nós para sacarlle o soldo a Besada) e que se atrevan a contratar un "liberado" máis é para "sonroxarse" ao dicilo, pero estes teñen cara para iso e para máis.
Por que se presenta este rapaz as eleccións si non pode atender as súas obrigas? É a primeira vez, na historia democrática do Grove, que se fai un uso tan escandaloso da capacidade de contratar que ten o goberno e o fai curiosamente a esquerda, a marabillosa esquerda, que tanto se preocupa polos demais. Alomenos iso é o que di continuamente no seu discurso, pero á primeira de cambio, en canto ten oportunidade, si que se preocupa, pero deles, de xustificar o inxustificable e ser capaces de procurar para eles o que sistematicamente lle negaron aos demais. Recorden os oito anos de goberno do PP; cando este grupo político pedía ano tras ano contar cun liberado, CON UN; a negativa era sempre a resposta. Agora, van tres e parécenlle poucos porque disque o concelleiro "palanquín" ten moito choio e ten que estar a estudar en Vigo.
POBRIÑA DE NÓS
No hay comentarios:
Publicar un comentario