Confesáronse nesta ocasión, dous dos compañeiros da tertulia que se dá no muelle nestes días, como habituais votantes socialistas e que non podían reprimir máis o seu cabreo co alcalde polo mal que está facendo absolutamente todo e, sobre todo, a incapacidade e o desbordado que demostra estar con este asunto que o levou ao xulgado.
Se mala é a súa xestión, que contando coa cantidade de cartos máis importante que recibiu o concello en moitos anos (Plans E), non foi capaz de rendelos (politicamente falando) e de cada actuación, máis que un beneficio creou unha polémica (recordemos, a rúa Rosalía de Castro coas infinitas obras; o desaguisado da contratación de empresas foráneas; a contratación de portugueses; etc.), o peor estase a dar agora, coa pretendida cortina de fume que está a crear para tapar a súa desvergonzada actuación. Recordaba así, o máis vehemente deles, "pasamos de ter todo listo cando gobernaba o bipartito en Santiago, a sen querer, recoñecer que non había nada e agora en vez de tratar de arrimar as institucións para que nos axuden tódolos días nos levantamos con insultos, ameazas, esixencias,etc." Así non se vai a ningures!!!!, repetía insistentemente. A quen coño lle importa o tema da Pousada?. Un asunto máis para o enfrontamento e para unha absurda estratexia que, lonxe de render politicamente, (como eles, votaron de conta) os está aloxando da realidade do noso concello. Están instalados na prepotencia, na descualificación, en querer facer ver a todos que "con estes" non é posible, e non se dan conta de tódolos días leemos os xornais, e vemos como co da Illa (PSOE) si é posible, vemos tamén como coa de Vilagarcía (PSOE) si é posible, tamén é posible co de Catoira (PSOE). Todos estes e moitos máis do PSOE (aos que nunca vemos nese furibundo ataque) vemos como van arrincando cousas da Deputación, da Xunta, e co noso, que pasa?.
Pensa que con poñer o ventilador cara a Ribadumia, con chamarlle de todo a Miniño, vai arranxar o del?. Outros catro anos perdidos por culpa da irresponsabilidade deste alcalde, dicía de novo este votante socialista. Non vaia a pensar, ao igual que Pose, que detrás dos seus problemas está Louzan,,, Non, está un xuíz, !!que é peor!!!, e detrás del (do alcalde) está todo O Grove, pero agora mesmo ao igual que os compañeiros socialistas grovenses (que aínda ningún saíu a dar a cara por el), TODOS,TODOS, AVERGONZADOS.
E con esta sentencia, e de volta xa do muelle meteuse o noso amigo na lonxa, a ver si collía un lotiño "pa arrejlala caldeirada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario