Dende fai quince días aproximadamente, está instalado nos medios de comunicación a intención do noso alcalde, de convocar unha xuntanza para abordar o tema do POL (Plan Ordenación Litoral).
Loxicamente nos alegramos diso posto que xamais nos convoca para nada, polo tanto hasta aquí todo ben. O disparatado do tema, o sinsentido, sucede a continuación, pois fai quince días tamén que coñecemos que tódalas asociacións de O Grove recibiron un CD co POL e unha convocatoria para o día de mañá, mércores 10 ás 20,00 horas.
Pasan os días e o grupo que forma máis do corenta por cento da corporación non sabe nada do asunto. !!Sorprendente!!. Pasan os días e o PP de O Grove sigue sen noticias namentres escoita e incluso recibe mensaxes de varios destes colectivos que lle fan saber da súa convocatoria dende fai días. Ao mesmo tempo ten que escoitar perdón, máis ben ler,(porque sempre é a través dos medios) que o alcalde invoca a todos, incluídos partidos políticos, a que este é un asunto de máximo interese e non debera haber posicións partidistas, senón que debera primar o ben de todos.
Palabras ben ditas, que compartimos, pero como xa dixemos moitas veces, deste personaxe NON NOS FIAMOS. E que ninguén se sorprenda, "gato escaldado, del auga escapa"; e iso é o que nos pasa a nós con este señor.
No día de onte (luns 8 de marzo) recibimos o CD, e no día de hoxe (martes 9 de marzo) a convocatoria para 24 horas despois!!!.
Que lles parece?. É ou non é para dicirlle catro barbaridades. Cando medio pobo foi convocado fai quince días i entregada a documentación ao mesmo tempo, resulta que a oposición envíalle todo no día anterior. Que pretende con esta maneira de proceder? E esta a maneira de actuar para crear un clima adecuado para o consenso? Non será que precisamente queren que nos quentemos para rachar calquera situación dacordo e así ter motivos para acusarnos de algo?. Porque non se esquezan, estes xa arroxaron a toalla e a estratexia (por non dicir a burra) na que se montaron foi na do enfrontamento coas institucións, en facerse as vítimas e votar culpas pa tódolos lados con tal de tapar a súa ineficacia e dende fai un tempo o seu xeito de gobernar favoritista (favorecer amigos, irmáns, etc) e ilegal.
E xa que estamos con estes temas, porque non chamaron aos veciños de Meloxo para dicirlles o mal que pintan as súas propiedades co novo deslinde de costas? porque a estes non os informaron e atenderon?.
Non son casos illados estes, xa iremos falando de máis, namentres como dicía ao principio,
Xulguen vostedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario