Fotografía procedente de www.todogrove.com
O Partido Pular de O Grove convocou unha xuntanza na Casa da Cultura para dar a coñecer o novo Hospital que a Xunta vai construír en Pontevedra.
Ante un nutrido grupo de persoas, a Xefa Territorial de Sanidade expuxo o proxecto no cal se puido comprobar que se trata dunha nova instalación que dobra a capacidade en mts2 que suporía a ampliación de Montecelo.
Trátase dun proxecto que nada ten que ver co que se pretendía coa ampliación do actual, moito máis ambicioso, con máis servizos e con posibilidades de futuro, circunstancias que en Montecelo non serían posibles.
A finalización do mesmo, prevista para o 2015, dará cobertura á area norte da provincia, polo tanto será o nos hospital de referencia. Debemos estar ledos porque a Xunta apostase por unha nova, máis moderna e funcional instalación que tamén os profesionais da Sanidade de Pontevedra apoian, en contra do que malintencionadamente afirma a plataforma liderada polo alcalde de Pontevedra, que con esta acción pretende unicamente reflotar o seu maltreito liderazgo en Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario