A falla de liderazgo do alcalde, provoca unha estratexia de enfrontamento do concello coas institucións que en nada beneficia a O Grove.
O Grove, 12 de marzo de 2010.-
Dende a pretendida e incomprensible intención deste goberno de contratar un liberado máis para tapalas vergoñas do concelleiro Xan Lamelas, pasando pola constante situación de enfrontamento con tódalas administracións (recordemos casos como a Pousada, as infraestruturas deportivas e de todo tipo que non foron capaces de concretar co bipartito e agora usan como arma arroxadiza co actual goberno), a incomprensible decisión sobre Lampáns, a “kafkiana” tozudez con afundir a un club de piragüismo, a falla de coordinación no seo do goberno onde claramente cada un tira pola corda para sitios distintos están a provocar a descomposición do goberno e unha situación nada conveniente para o noso concello.
Instalados na peor das estratexias posibles, co abandono intencionado de apostar pola colaboración coas administracións, pretenden impoñer toda clase de proxectos que en ningún caso foron previamente acordados , negociados ou nin sequera tratados con ninguén, para presentarse ante os veciños como as vítimas dunha conspiración que está unicamente na mente dun alcalde que a desesperada “xa tirou a toalla” e optou por enfrontarse a todo o mundo en vez de apostar por buscar solucións aos problemas como é a súa obriga.
Dende o principio do mandato (que benévolo e compracente era daquela, cos que non lle deixaron nada arranxado) non foi quén de conectar coa sociedade grovense, i empeñouse en truncar o período de estabilidade institucional que estabamos a vivir nos últimos anos. A distancia co tecido social do noso concello é cada vez máis ampla i evidente, por non abordar os problemas dende unha óptica racional e sobre todo por non afrontalos.
Logo de tres anos de mandato xa non valen escusas de ningún tipo, nin se pode manifestar sen sonroxarse o moito que se está a traballar no PXOM, cando todo o mundo sabemos que non moveron un só dedo.
Non intente enganar de novo os veciños, dicindo que o POL (Plan Ordenación Litoral) vai se un cataclismo e un freo importantísimo para o desenrolo do PXOM, porque é mentira, como puido escoitar na xuntanza do mércores pasado (xuntanza sobre o POL).
Non máis enganos por favor. A situación require mesura e consenso, e o Partido Popular está disposto a aportar eses valores.
A dilixencia e participación que se deu estes días co tema do POL, téñense que dar tamén para de inmediato pórse a traballar no PXOM, ou tívose que dar por exemplo cando Porto de Meloxo se veu invadido por un novo deslinde de Costas do Estado que deixou as súas propiedades terriblemente prexudicadas e o alcalde nin capaz foi de avisalos. Así son as incongruencias deste goberno que tratando de desviar a atención dos problemas que non é capaz de resolver, busca culpables por todos lados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario