O amíguesmo e o favoritismo convertéronse nunha das prácticas máis habituais do sectario goberno cuatripartito.
Logo da constatación da varios casos de favoritismo, tanto no caso de contratación de persoal “afín as teses de algúns dos grupos compoñentes do goberno” como na contratación de determinados servizos e obras, estamos a comprobar como sistematicamente e de xeito continuado se está a incumprir a lei en canto á selección de persoal no Concello por parte deste goberno.
A Ley 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico del Empleado Público no seu artigo 60, que se titula, “Órganos de selección” e no seu apartado 2, di literalmente:
El personal de elección o de designación política, los funcionarios interinos y el personal eventual no podrán formar parte de los órganos de selección.
El personal de elección o de designación política, los funcionarios interinos y el personal eventual no podrán formar parte de los órganos de selección.
De este artigo da Lei, este goberno e o seu Alcalde fan caso omiso.
Non só é frecuente senón que podemos confirmar que en tódolos casos de selección de persoal está presente algún membro do goberno e de maneira moi activa.
Acompañando ao persoal (funcionario ou laboral) designado para compoñer os tribunais sempre aparece un membro do goberno (por tanto representante político, e saltándose a lei) co fin de “controlar” o proceso.
Actúan ademais con prepotencia e chulería, xa qué se permiten dirixir e controlar os procesos facendo preguntas, suxestións e nalgún caso cuestionando aos aspirantes, cando a lei non lles permite sequera estar presentes.
Esta é unha máis, das noxentas maneiras de facer política daqueles que se presentaron ante a cidadanía do Grove prometendo transparencia, participación, etc.
Estamos a investigar cada unha destas contratacións e nalgunhas delas existen indicios claros de que foran elixidas persoas para determinados postos, que non cubrían as expectativas lóxicas necesarias para o posto en cuestión, deixando no proceso candidatos cunhas aptitudes demostrables moito máis cualificados. Solicitaremos documentación sobre as mesmas e non descartamos pedir a revisión dalgunhas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario