martes, 30 de marzo de 2010

Louzán reúnese coa ADM



Louzán valora o interese da ADM polo futuro de O Grove e destaca que as súas xestións son unha proba da ineficacia e das carencias do goberno municipal
Na súa entrevista cos directivos, lembrou que a Deputación prevé investir 1 millón de euros no concello e que o Concello rexeitou axudas para o campo de Lampáns
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, detallou hoxe a unha representación da Asociación do Deporte Meco (ADM), capitaneada polo seu presidente, Juan Ramón Outeda, as inversións que a institución provincial tén previstas para o concello así como outros detalles da súa actuación.
Louzán lembrou que a Deputación tén prevista unha inversión próxima ó millón de euros no Grove dentro das obras do seu Plan de Investimentos. As citadas obras son a base de Protección Civil (120.781 euros), pluviais e fecais en Monte da Vila (169.232), servizos en Lordelo (43.478), renovación de pavimentos nunha pista (53.172), urbanización en Virxe das Mareas (56.289), creación dun parque infantil (139.875), ximnasio no campo de fútbol (66.425), beirarrúas de igrexa de San Vicente ó pobo (121.343), aparcamento en Beiramar (75.318), dotación de pluviais, alumeado e circuito de ximnasia en San Vicente (43.874 euros).
Amáis diso, o presidente da Deputación destacou que o goberno de O Grove rexeitou a construcción do campo de fútbol de Lampáns, que iba a acometer a institución provincial, pois prefireu incluir esta inversión dentro das obras do Plan E, algo que agora se comprobou insuficiente ó ter que aprobar unha modificación de crédito o goberno local para afrontar a obra e ó ter que demandar doutras institucións axudas para poder rematálo.
O presidente da Deputación valorou o interés da ADM polo futuro do seu pobo e sinalou que a entrevista mantida cos seus directivos era unha proba evidente das carencias e da ineficacia de xestión do goberno de O Grove «pois teñen que preocuparse os veciños do que é unha responsabilidade do goberno local, en vista de que éste é incapaz de negociar algo con ningunha Administración».

No hay comentarios: