Unha vez máis, o Alcalde do Grove pretende converter a falla de xestión que caracterizou o seu mandato nunha responsabilidade do actual goberno da Xunta, para o cal non repara en acudir á mentira afirmando cousas que xa tivemos a oportunidade de comprobar que non son certas
O Alcalde foi capaz de afirmar de xeito reiterativo, e nestes días volveu a facelo, que asuntos como o porto deportivo, a autovía ata O Grove, as instalacións deportivas, etc. estaban resoltas na etapa do bipartito (con proxectos, financiación e trámites avanzados) e nestes meses púidose comprobar que na maioría dos casos non se comezaran sequera os trámites
Está sendo unha constante deste alcalde sacudirse os problemas tratando de pasar as súas responsabilidades aos demais, incluso endosándolle proxectos que nunca negociou, consensuou e nalgúns casos sequera prantexou
Esta forma de gobernar, por elevación non está a dar os resultados apetecidos para os veciños do Grove e unicamente serve na súa estratexia de presentarse como unha vítima como coartada política para, o que el entende vai ser unha propicia colleita de votos de cara as próximas eleccións, sen importarlle máis nada.
É obriga súa, entenderse coas demais administracións para tentar arranxar os problemas, a mesma enerxía que emprega para cuestionar e enfrontarse permanentemente á Deputación e Xunta nunha descabellada e ineficaz estratexia a debe empregar en persuadilos e chegar a acordos con eles como fan a maioría dos seus compañeiros socialistas, que frecuentemente vemos firmando acordos coas institucións.
O PP volve insistir unha vez máis na oferta de colaboración que este partido lle ten brindado nestes e noutros temas, e que nin unha soa vez ao longo destes tres anos foi capaz de aproveitar en beneficio dos veciños.
Que foi da teima do PXOM?, con que este Cacabelos entrou na vida dos grovenses prometendo de todo, sobre todo moita participación, e está a demostrar as peores maneiras de facer política, cunhas doses de sectarismo e favoritismo propias do peor réxime totalitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario