Na tarde de onte (luns) e por mor do bo día que facía decidimos, como de costume, saír a dar unha voltiña polo muelle. A verdade que daba gusto deixarse atrapar pola raxeira do sol logo despois de tanta humidade que padecemos este inverno. Iamos camiñando lentamente a fin de disfrutar canto máis mellor do sol e nun tramo do noso camiño cruzámonos co grupiño de amigos do que falamos tantas veces, sorprendéndonos o que dicía un deles.
O dicía con certa sorpresa e sobre todo en alto. Non sei dicir, si para que o escoitaramos nós. Informáballe aos demais que ese mediodía o noso alcalde, o seu avogado (no caso do xa famoso edificio) e o secretario do concello foran vistos comendo i en animada charla no Solaina.
Nos, que seguimos a ruta prevista, non puidemos máis que escoitar pero tamén quedamos un tanto perplexos debido o cariz que ten este asunto, que en gran medida ven suscitado aparte da denuncia, polo informe en contra do propio secretario, que foi culpado polo alcalde nas súas declaracións de todo o que pasaba no concello.
É tanta a persuasión deste alcalde que vai intentar que o secretario cambie algo na declaración do próximo día 5?
Porque estarían falando desto, non foron alí para falar de fútbol, verdade?
De que pasta está feito este secretario, que logo de todo o que declarou o alcalde del, do seu traballo, aínda vai comer tan alegremente con el?
Leería sequera o auto do xuíz? Non se meterá este filliño en problemas por culpa de quen non llo merece?
Estas son só algunhas das preguntas que nos faciamos e que seguro son moi coincidentes coas que se estaría facendo o confidente de sempre cos seus compañeiros.
Por outra banda, ata onde a desfachatez destes persoeiros? ¿non coñeceran aquilo de que a muller do Cesar, ademais de selo ten que parecelo?, non seria máis prudente que este tipo de xuntanzas as fixeran onde ninguén os vise?, por decoro, por prudencia, etc. No, no, aquí como debe ser con pitanzas polo medio, que nós non temos nada que ocultar!!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario