O despilfarro e favoritismo estanse a converter en practicas habituais do goberno cuatripartito ante a desidia do alcalde.
O Grove, 17 de marzo de 2010.-
Baixo o titulo de “Recuperación de los jardines de O Corgo” e cun importe de 20.000 euros, estamos asistindo estes días a unha “actuación despilfarradora” máis deste goberno.
Fai pouco máis dun ano que estes xardíns foron totalmente levantados e provistos dun novo céspede cun custe moi importante. Con motivo da pasada Festa do Marisco, os mesmos foron destrozados por mor da colocación nese céspede dunha abondosa capa de distintos tipos de “garbancillos” (áridos) e cantos rodados que votaron ao traste o anteriormente plantado.
Estes traballos que formaban parte do “deseño, fabricación, montaxe e coordinación” do “stand” institucional (tal como reza a importante factura presentada ao efecto) foron, curiosamente, levados a cabo polo secretario de organización del PSOE local, (aínda que non e el quen presenta a factura) traendo como resultado o destrozo dos xardíns, que agora de novo teñen que ser arranxados. Temos que engadir aos xa importantes gastos, os 2500 euros do custe de todos estes áridos que agora tiveron que ser desbotados.
Esperamos que esta sexa a última vez que se producen este tipo de feitos e se actúa tan alegremente. Parécenos un exercicio de tremendo despilfarro cando continuamente estamos a escoitar polo alcalde e membros deste goberno que determinadas accións e servizos non se poden levar a cabo por falla de fondos para elo.
Estamos seguramente ante os mts2. de céspede máis caros de España pola neglixencia e irresponsabilidade dun alcalde que gasta tan alegremente (iso si, sempre cos amigos, e neste caso cos correlixionarios políticos) os cartos de todos.
1 comentario:
O favoritismo é a única maneira de gobernar que coñecen os membros do cuatripartito. No concello tan só se contrata persoal "afín" ou familiares dos catro de sempre. Chega un punto que cando se oferta unha praza xa se sabe de antemán para quén é.
Publicar un comentario